Inicio Galicia Román Rodríguez sitúa a nova oficina de turismo no aeroporto de Santiago...

Román Rodríguez sitúa a nova oficina de turismo no aeroporto de Santiago como modelo para incrementar a calidade

0

As novas instalacións, compartidas entre a Xunta e Concello de Santiago, teñen unha superficie de 100 m² e están situadas no vestíbulo de chegadas


O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, visitou a nova oficina de turismo do aeroporto de Santiago de Compostela que empezou a funcionar hoxe no vestíbulo de chegadas.

Román Rodríguez destacou que esta nova oficina, compartida co Concello de Santiago de Compostela, nunha mostra da cooperación entre administracións, aspira a ser un modelo que guíe o traballo neste eido para incrementar a calidade nos servizos aos viaxeiros que visitan Galicia. Funcionará, manifestou o conselleiro, como “unha das principais portas de entrada ao turismo en Galicia”, pois este aeroporto pechou 2018 cun volume de 2.723.296 pasaxeiros, o que supón un incremento do 3% en relación ao ano anterior.

Esta nova oficina de turismo contou cun orzamento de máis de 150.000 euros e está situada nun espazo de 100 m² cedido por Aena. Cun deseño actual a cargo do Goberno autonómico, as instalacións responden ás necesidades dos viaxeiros e peregrinos e, en xeral, dos usuarios do aeroporto como potenciais turistas da ampla e atractiva oferta galega.

Nela vaise achegar unha completo información de todos os recursos e os atractivos da Comunidade, así como eventos e actividades de interese, aloxamento, guías e axencias de viaxes, restaurantes, transporte, horarios de atención ou rutas, entre outros. O obxectivo da posta en marcha desta nova oficina de turismo é, segundo sinalou Román Rodríguez, “e dar a coñecer os atractivos de toda Galicia para favorecer a diversificación de fluxos e contribuír a repartir por todo o territorio os beneficios que xera a actividade turística”.

Reforzo das oficinasNo caso da capital galega, estas novas instalacións súmanse á oficina de turismo da praza de Mazarelos e á existente no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino da rúa Carretas. Estas tres instalacións forman xa parte dos obxectivos fixados na Estratexia do Turismo de Galicia 2020, consensuada co sector en favor dun turismo de calidade e responsable.

A Estratexia 2020 outorga un relevante papel as oficinas de turismo, que contan con varias liñas de traballo simultáneas dedicadas á mellora de puntos de información en lugares como os aeroportos, co obxectivo de incrementar a mobilidade turística. Tamén se busca o fomento e a coordinación mediante a cooperación de toda a cadea de valor implicada no turismo, actualizando, así mesmo, os servizos prestados ás demandas actuais. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre