Inicio Galicia Román Rodríguez saúda aos libreiros que participan na Feira do Libro de...

Román Rodríguez saúda aos libreiros que participan na Feira do Libro de Santiago

0

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2019.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado polo director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, visitou hoxe a Feira do Libro de Santiago, que estará no parque da Alameda ata o vindeiro domingo, para saudar aos libreiros e coñecer o espazo de actividades. Trátase dunha cita anual que está incluída no calendario das Feiras do Libro de Galicia 2019 e que conta coa participación dunha ducia de expositores.

Neste ano a feira celebra a súa XXXVIII e convértese en referente, tanto pola súa duración, oito días, como pola cantidade de actividades que se organizan ao seu redor, máis de 40. Alvarellos Editora, Editorial Galaxia, Libraría Pedreira, Arigató Ribeira, Aenea, Ler Librerías, Urco Editora, Libraría Cortizas, a Deputación da Coruña e a Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, entre outros, estarán presentes no parque da Alameda ata o domingo.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre