Inicio Galicia Román Rodríguez salienta que a "fichaxe" de José Manuel Calderón contribuirá a...

Román Rodríguez salienta que a "fichaxe" de José Manuel Calderón contribuirá a impulsar o Camiño de Santiago

0

O deportista peregrinará en agosto polo Camiño de Inverno nunha iniciativa impulsada por Monbus Obradoiro coa colaboración da Xunta de Galicia

O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, presentou hoxe a sexta edición da iniciativa El Camino acaba en Obradoiro impulsada por Monbus Obradoiro en colaboración coa Xunta de Galicia. Trátase dun proxecto que permite potenciar os vínculos entre o deporte e a Ruta Xacobea e que este ano fichou ao coñecido deportista José Manuel Calderón co obxectivo de reactivar a peregrinación polo Camiño de Inverno.

O titular de Cultura e Turismo en funcións subliñou a importancia de contar con aliados da talla de Calderón “para divulgar os valores xacobeos e enxalzar a imaxe da nosa terra”. Neste sentido, engadiu que ao longo da traxectoria do deportista “podemos atopar valores como o esforzo, o compromiso ou o compañeirismo” que tamén están moi presentes na peregrinación. “Son valores que invitan ao entendemento entre as persoas, e que se farán visibles neste proxecto, que contribuirá a reactivación do Camiño”, explicou.

A iniciativa presentada hoxe, nun acto no que tamén estiveron Lupe Murillo, conselleira do Monbus Obradoiro, e Emilio Barreiro, director territorial de Caixabank en Galicia, basease en catro obxectivos: facer un documental da personaxe, homenaxear ao xogador, así como a xeración de ouro do baloncesto español á que pertence, promocionar a imaxe de Galicia e recadar fondos para fins solidarios.

Concretamente, os fondos desta sexta edición destinaranse a apoiar a educación integral dos mozos a través do baloncesto e permitindo a posibilidade de incorporar programas na canteira do Obradoiro CAB para xóvenes promesas do baloncesto, independentemente da súa realidade social.

Pola Ribeira SacraEl Camino acaba en Obradoiro empezou a celebrarse no ano 2015 centrándose en cada ocasión nunha ruta diferente. O protagonista desta edición percorrerá o Camiño de Inverno, un itinerario cun importante potencial de crecemento ante a candidatura de Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial no 2021 e que conta cun patrimonio natural e etnográfico excepcional.“Calderón, igual que o resto de peregrinos que elixen este Camiño, poderá gozar durante a súa experiencia de paisaxes de enorme riqueza como a Ribeira Sacra a un ano vista do seu agardado recoñecemento por parte da Unesco”, salientou Román Rodríguez.

Ao respecto, lembrou que o seu departamento está dedicando importantes recursos a este trazado, no que este ano inviste 1,5M€ en accións de sinalización, acondicionamento e mellora: “Estamos convencidos que co noso esforzo e con colaboradores como o Obradoiro e Calderón conseguiremos fomentar e impulsar as riquezas deste importante trazado”.

Desde Monforte de LemosO deportista comezará o seu percorrido polo Camiño de Inverno o luns 3 de agosto, cando partirá desde Monforte de Lemos ata Chantada. A continuación peregrinará ata Rodeiro para seguir avanzando, xa o mércores, ata Silleda. Na última etapa, percorrerá o tramo entre Ponte Ulla e Compostela. Durante a súa travesía está previsto que o acompañen figuras do deporte como Juan Antonio Corbalán, protagonista da segunda edición deste proxecto, Amaya Valdemoro, participante na pasada edición ou Moncho Fernández, adestrador do Monbus Obradoiro.

A primeira edición de El Camino acaba en Obradoiro celebrouse no 2015 coa figura de Terry Porter percorrendo o Camiño Francés desde Sarria. Un ano despois, o ex xogador de baloncesto Juan Antonio Corbalán peregrinou ata Compostela polo Camiño Primitivo. Tras eles chegaron Nikos Galis, a través do Camiño Inglés no ano 2017, e Aleksandar Petrovic, que peregrinou polo Camiño Portugués en 2018. O pasado ano protagonizou a experiencia Amaya Valdemoro, que completou a Vía da Prata desde a cidade de Ourense.

Un referente dentro da pistaJosé Manuel Calderón é un dos xogadores de baloncesto español máis importantes das dúas últimas décadas, un referente tanto na pista, onde ata a data é o xogador con máis tempadas consecutivas na NBA, como fóra dela, onde é frecuente velo colaborando con distintas asociacións con fins solidarios.

Pertencente á coñecida como “xeración dos júniors de ouro”, José Manuel Calderón foi un dos primeiros xogadores en disputar na NBA e no seu palmarés destaca o Mundial de 2006, o Campionato de Europa de 2011 ou as medallas de prata nos xogos olímpicos de Pequín e Londres e a de bronce en Río. Ademais, a título individual ostenta o récord de mellor porcentaxe de tiros libres nunha tempada da NBA tras anotar 151 dos 154 lanzamentos na 2008/2009.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre