FÃxoo na inauguración da mostra ‘Viae ad limina Sancti Iacobi’ do lucense Chencho Pardo Valdés, na que resaltou o carácter hospitalario da nosa Comunidade
O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román RodrÃguez, inaugurou hoxe no Museo de Peregrinacións e de Santiago Viae ad limina Sancti Iacobi do debuxante e calÃgrafo lucense Chencho Pardo Valdés. Unha mostra composta por 42 debuxos e dúas cartografÃas nos que cobran protagonismo abondosas cidades, vilas e lugares do paÃs vinculados coas rutas xacobeas, “lugares –en palabras do conselleiro− que nos presentan e representan ante o mundo”.
No acto inaugural tomaron parte, ademais do conselleiro, o alcalde do Concello de Santiago en funcións, Gumersindo Guinarte; o artista, Chencho Pardo Valdés, e a directora do Museo das Peregrinacións e de Santiago, Esperanza Gigirey.
Coñecendo GaliciaRomán RodrÃguez salientou o carácter excepcional desta mostra, que cualificou como “proxecto vital”, tanto polos anos de dedicación como pola imaxinación, o talento e a minuciosidade amosados polo artista para ofrecérmonos unha recreación das paisaxes urbanas galegas que emerxen ás beiras do Camiño nas súas diferentes rutas, e nas que se erixen “algunhas das faces máis recoñecibles do paÃs; exemplo histórico, presente e futuro de hospitalidade”.
O titular de Cultura da Xunta afirmou que “se homes, da valÃa de Domingo Fontán, Otero Pedrayo ou Francisco RÃo Barja afondaron, no coñecemento de Galicia a través dunha disciplina como é a XeografÃa, Chencho Valdés profunda tamén no coñecemento desta materia, pero desde a arte. Porque Galicia é unha materia que non se esgota; unha materia sobre a que nunca se deixa de aprender”.
A colección máis queridaViae Ad Limina Sancti Iacobi é a colección máis querida do artista Chencho Pardo Valdés, quen gardou con esmero os debuxos relativos a Galicia e pasaron a formar parte da súa colección privada. Esta exposición sobresae pola calidade artÃstica dos debuxos e a súa minuciosidade. A maiores, a caligrafÃa que acompaña ás obras plásticas ten o estilo propio do autor e enfÃa un interesante relato histórico que, á súa vez, estrutura a mostra, que poderá visitarse até o vindeiro 31 de outubro no Museo das Peregrinacións e de Santiago no horario de apertura do centro.
O Camiño de Santiago está aberto a visións e a novas interpretacións. Chencho Pardo achega as súas a través dos seus aparellos: o lapis e a cor. A realidade que o autor ofrece nos seus debuxos materialÃzase de formas diversas pero coa caracterÃstica común da meticulosidade. O realismo é o xusto e necesario, pero quen observa sabe que ve a práctica totalidade dunha vila ou cidade galega porque capta os integrantes esenciais que forman a súa paisaxe, como un edificio ou un monte.