Inicio Galicia Román Rodríguez salienta ás melloras do albergue de Bendoiro, en Lalín, no...

Román Rodríguez salienta ás melloras do albergue de Bendoiro, en Lalín, no que a Xunta está investir máis de 250.000 euros

0

O conselleiro visitou hoxe as instalacións para comprobar o avance das actuacións que teñen como principal obxectivo eliminar os problemas de humidade

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, visitou hoxe o albergue de Bendoiro, en Lalín, onde o Goberno autonómico está a acometer actuacións de reparación para eliminar os problemas de humidade.

Segundo explicou o titular de Cultura e Turismo, os traballos que se están realizando contan cun presuposto de máis de 250.000 euros e teñen como finalidade a eliminación das filtracións de auga e a reparación e substitución de todos os elementos afectados pola humidade. “Con estas actuacións queremos garantir as óptimas condicións de salubridade, ornato e seguridade estrutural e de utilización para todos os peregrinos”, afirmou.

Este albergue dispón de 30 prazas e está adaptado para persoas con mobilidade reducida. Está situado na unión entre o Camiño de Inverno e a Vía da Prata, itinerarios que ao longo do ano pasado foron percorridos por máis de 10.000 persoas.

Esta actuación enmárcase no compromiso da Xunta por manter e preservar o Camiño de Santiago, fixado no Plan Director do Camiño de Santiago que este ano ten por obxectivo o impulso da Vía da Prata. Neste senso, o Goberno autonómico ten previsto destinar este ano 3 millóns de euros ao acondicionamento e sinalización desta ruta.

Ademais, a Xunta aprobou xa a licitación de oito contratos de mantemento para os Camiños de Santiago durante os dous próximos anos, ampliables a tres, que abarcarán unha superficie superior aos 1.250 quilómetros en sendas e estradas de 121 concellos. Trátase dunha inversión de 15,6 millóns de euros que permitirán contar cun equipo de actuación permanente que supervise, manteña e repare as rutas xacobeas en todo momento.

A Vía da Prata será a segunda ruta que máis fondos perciba desta partida (máis de 1,6 millóns de euros) e o Camiño de Inverno a cuarta (máis de 1,4 millóns). Por tanto, en conxunto, a Xunta ten xa en execución ou comprometidos máis de 6,4 millóns de euros nestes dous itinerarios, que centrarán boa parte das actuacións ata o Xacobeo 21.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre