Inicio Galicia Román Rodríguez salienta a imprescindible posta en valor do patrimonio natural e...

Román Rodríguez salienta a imprescindible posta en valor do patrimonio natural e cultural para incentivar o turismo na Mariña

0

Fíxoo na presentación do achado dunha estela funeraria atopada nas escavacións de Coelleira e no contexto dunha visita que incluíu un percorrido polo Fuciño do Porco


O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, participou na presentación dunha singular estela funeraria atopada nas escavacións impulsadas polo Concello do Vicedo e autorizadas pola Xunta de Galicia no xacemento da Illa Coelleira. Trátase dunha cruz tallada nunha estela de granito, arredor da cal aparecen outras cruces insculpidas enmarcadas por unha aureola ou mandorla. No acto de presentación desta peza arqueolóxica tomaron parte, ademais do conselleiro, o alcalde do Vicedo, Jesús Novo, e o director das escavacións, Iñaki Sagredo.

Román Rodríguez salientou a importancia de realizar unha posta en valor conxunta dos recursos patrimoniais e culturais para incentivar o turismo na Mariña, e destacou a “enorme potencialidade” da Mariña occidental, “tal como acredita o achado presentado hoxe, que fala dunha longa historia aínda por descubrir e coñecer dun xeito preciso que complementará desde o punto de vista do atractivo turístico a indiscutible riqueza medioambiental desta zona”.

Investimentos no Fuciño do PorcoPosteriormente, o conselleiro visitou un dos principais recursos turísticos de carácter natural da provincia, o Fuciño do Porco ou Punta Socastro, no saínte costeiro entre as praias de Abrela e San Román de Vicedo, onde a Xunta de Galicia leva investidos nos pasados anos máis de 50.000 euros e ratificou o apoio do Goberno autonómico co seu coidado, promoción e posta en valor, explicando que se asinará co Concello un novo convenio de 30.000 euros “para mellorar o equipamento e os servizos para que as persoas poidan visitalo nas mellores condicións”. En conxunto, trátase de embelecer o paseo peonil a través da instalación de paneis en zonas de costa, a colocación de iluminación ornamental no sendeiro e a realización dun aparcadoiro de bicicletas.

Para rematar, Román Rodríguez subliñou o carácter excepcional deste espazo, que cualificou como un dos recursos turísticos esenciais da Mariña e un dos camiños máis fermosos que se poden percorrer no conxunto da cornixa cantábrica” e lembrou que “desde a Xunta de Galicia levamos anos traballando xunto co Concello na súa promoción, “mellorando unha oferta onde a lenda, a cultura, a historia, a paisaxe e a tradición adquiren un carácter moi definido”. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre