Inicio Galicia Román Rodríguez salienta a fonda pegada de Manolo Buciños na renovación da...

Román Rodríguez salienta a fonda pegada de Manolo Buciños na renovación da arte galega contemporánea

0

Fíxoo na apertura da mostra ‘Diario de artista. Buciños’, celebrada no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou esta tarde no Centro Cultural Marcos Valcárcel na apertura da mostra Diario de artista. Buciños. Unha exposición que reúne un total de 60 obras, apoiada pola Xunta e na que se fai un percorrido pola obra dun dos principais renovadores da arte galega contemporánea desde os anos 60, o escultor Manolo Buciños.

A mostra, promovida pola Fundación Xoán Piñeiro e comisariada por Cuqui Piñeiro, forma parte dun proxecto máis amplo que inclúe a edición dun libro, unha cea homenaxe e un faladoiro no Teatro Principal. Ao respecto, Román Rodríguez afirmou que “nos situamos diante dunha gran mostra para coñecer ao artista e dun gran proxecto cultural, con faladoiros e outro tipo de recursos, para aproximarnos á persoa”. O titular de Cultura lembrou as excepcionais conmemoracións do 2020, “véspera do Xacobeo 2021”, lembrando o Día das Letras Galegas dedicado a Carvalho Calero, o centenario de Isaac Díaz Pardo, o bicentenario de Concepción Arenal e o centenario do xurdimento da Xeración Nós, ao respecto do cal explicou que Ourense debe e vai ter un papel central nesta conmemoración.

Diario de artista é a primeira edición dunha iniciativa que busca promocionar, visibilizar e salientar o traballo dos escultores galegos. Trátase dun proxecto cultural organizado pola Fundación Xoán Piñeiro que, nesta ocasión, foi coorganizado polo Centro Cultura Marcos Valcárcel e contou co patrocinio da Deputación de Ourense.

No acto participaron, ademais do conselleiro, o artista, Manuel Buciños; o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o director do Centro Cultural Marcos Valcárcel, Francisco González, e a comisaria da exposición, Cuqui Piñeiro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre