Indicou que a cultura galega se reforzará con 94 millóns de euros en 2021 e que o esforzo inversor se incrementará nun 86%
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román RodrÃguez, destacou hoxe o incremento do 27,4% nos orzamentos da Xunta destinados á cultura para reforzar a aposta decidida e o compromiso incondicional con este sector. Dáse asà continuidade ao traballo levado a cabo polo Goberno autonómico nos últimos meses para a recuperación do sector, tal e como manifestou hoxe no Parlamento de Galicia durante unha interpelación sobre o impacto da covid-19 neste ámbito.“Desde a Xunta vimos demostrando con feitos que coñecemos as dificultades polas que atravesan os sectores culturais e por iso fomos no seu momento a primeira Comunidade en aprobar un Plan de Reactivación especÃfico. Agora seguÃmolo demostrando con estes orzamentos”, explicou. Neste sentido, recordou que o Goberno autonómico destinará en 2021 máis de 94 millóns de euros para a cultura de Galicia, o que supón 20 millóns de euros máis que o ano anterior. Ademais, o esforzo inversor increméntase nun 86,44% e representa o 30% do total do orzamento destinado á cultura.
As contas de 2021 están pensadas para seguir reactivando o sector cultural, á vista do bo resultado das polÃticas e investimentos realizados durante esta pandemia. A este respecto, fixo balance do plan posto en marcha o pasado mes de abril e subliñou que están executadas ou en marcha o 95% das iniciativas, o que implica un investimento executado de 24 millóns de euros dos 26 millóns previstos.
Entre todas as accións, Román RodrÃguez destacou os investimentos máis recentes de apoio a todas as industrias culturais. Referiuse aos 2,5 millóns de euros que permitiron axudar a 20 novas producións audiovisuais, os medio millón de euros para o impulso do sector escénico beneficiando a 38 compañÃas e catro salas, asà como máis de 460.000 euros á proxección exterior e interior da cultura galega con axudas coas que o Goberno autonómico financiou máis de 400 concertos e funcións en 17 paÃses.
Fomento do consumo culturalTamén se referiu ao apoio ao sector do libro, asà como á arte contemporánea e cuantificou en 4.500 as accións que se terán realizado durante este ano ao abeiro deste Plan, incluÃndo un récord de presentacións teatrais. “A pesar das restricións que nos impón a pandemia e da necesidade de adaptación constante, a cultura segue”, expresou Román RodrÃguez.
Por iso, como avanzou, a prioridade da Xunta será fomentar o consumo cultural de xeito seguro, para o que se ultima unha campaña de comunicación e sensibilización que presenta esta semana. “à necesario que todos nos impliquemos no mantemento dun sector estratéxico para Galicia”, engadiu animando a participar na programación cultural realizada polas industrias creativas galegas tanto de xeito presencial como a distancia.
Salientou, ademais, a importancia da cultura na economÃa galega, da que dependen directamente en Galicia 30.000 profesionais, polo que garantiu que a Xunta imos “seguir apostando de xeito claro e valente pola cultura”. Neste sentido, Román RodrÃguez indicou, ademais, que este traballo realizado unido ao novo esforzo inversor de 2021 permitirá que o Goberno autonómico continúe avanzando xunto co sector para salvar o emprego e manter a industria cultural, favorecer o consumo de produtos culturais, fomentar a creatividade e a produción e reforzar as estruturas da programación e distribución. Recordou tamén a importancia da colaboración doutras administracións no apoio á cultura e manifestou o seu desexo de que todas contribúan á súa recuperación.