Inicio Galicia Román Rodríguez reúnese cos delegados do Festival Intercéltico de Lorient, no que...

Román Rodríguez reúnese cos delegados do Festival Intercéltico de Lorient, no que Galicia será territorio convidado en 2019

0


O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, mantivo hoxe un encontro cos delegados do Festival Intercéltico de Lorient, que en 2019 contará con Galicia como territorio convidado. A xuntanza permitiu avanzar na planificación da 49ª edición deste histórico encontro da cultura celta, que se celebrará do 2 ao 11 de agosto e onde a nosa Comunidade terá o máximo protagonismo.

Con case medio século de historia, o Festival Intercéltico de Lorient reúne en cada edición a máis de 4.500 artistas de Bretaña, Escocia, Gales, Cornualles, Illa de Man e Irlanda, así como de Galicia e Asturias, ademais duns 120.000 espectadores con entrada e 750.000 visitantes na localidade. O compromiso da Xunta de Galicia foi moi importante para acadar o convite na vindeira edición, un traballo que se enmarca na actividade de promoción e difusión da cultura galega que se vén desenvolvendo desde o Goberno autonómico.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre