Inicio Galicia Román Rodríguez reúnese coa Autoridade Portuaria de Cork para avanzar na posta...

Román Rodríguez reúnese coa Autoridade Portuaria de Cork para avanzar na posta en marcha dunha nova liña marítima desde Vigo

0

Representantes da Autoridade Portuaria de Vigo, do Porto de Cork e de Atlantic Ferry Lines participaron nesta xuntanza que suporía un importante impulso para dinamizar as relacións comerciais e turísticas entre Galicia e Irlanda


O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou está mañá nunha xuntanza entre a Xunta de Galicia, a Autoridade Portuaria de Vigo e unha delegación do Porto de Cork, integrada por responsables da terminal irlandesa e da Capitanía Marítima, Brendan Keating e Nick Burke, respectivamente.

O obxectivo desta visita é estudar posibles vías de colaboración entre ambos portos e seguir dando pasos no impulso dunha nova liña marítima que uniría Vigo con Plymouth, no suroeste de Inglaterra, e co Porto de Cork. Este encontro dá continuidade á visita realizada o pasado mes de decembro por membros da Xunta de Galicia, a Autoridade Portuaria de Vigo, da Xunta de Galicia e a empresa, á devandita localidade irlandesa. A Xunta e a Autoridade Portuaria de Vigo traballan así na posta en marcha desta nova liña concibida, ademais de para carga rodada, para viaxeiros, de Galicia ás Illas Británicas e tamén en sentido inverso. Unha iniciativa que suporía un importante impulso para dinamizar as relacións comerciais e turísticas entre Galicia e Irlanda.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre