Inicio Galicia Román Rodríguez resalta a importancia de implicar aos máis novos na salvagarda...

Román Rodríguez resalta a importancia de implicar aos máis novos na salvagarda e posta en valor do patrimonio

0


O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, destacou a importancia de implicar aos máis novos na tarefa de “conservar, manter, divulgar e difundir” o patrimonio no acto de inauguración do 11º Foro Xuvenil de Patrimonio Mundial, promovido polo Ministerio de Cultura e Deporte e que conta coa colaboración da Xunta.

Nun acto celebrado no Museo das Peregrinacións e de Santiago, o conselleiro deu a benvida aos 32 participantes desta iniciativa, todos eles mozos de entre 13 e 15 anos procedentes de once países que contan con bens declarados Patrimonio Mundial en catro continentes. Ao respecto, Román Rodríguez destacou que “a historia e a beleza” de Galicia fai da nosa Comunidade “un dos mellores lugares” para que os máis novos tomen conciencia da importancia que ten a salvagarda do patrimonio na conformación da nosa sociedade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre