Inicio Galicia Román Rodríguez preside a toma de posesión de novo equipo directivo da...

Román Rodríguez preside a toma de posesión de novo equipo directivo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

0
image_gallery.jpg

Manuel Vila López asume a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, José Luis Mira a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional e Jesús Álvarez Bértolo a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos


  O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presidiu esta mañá a toma de posesión de Manuel Vila López como secretario xeral técnico da Consellería; de José Luis Mira Lema como secretario xeral de Educación e Formación Profesional e de Jesús M. Álvarez Bértolo como director xeral de Centros e Recursos Humanos.

Na súa intervención, Román Rodríguez deulles a benvida a todos eles, aos que demandou a máxima “responsabilidade, respecto e traballo” para afrontar o período complexo que vai esixir de moita dedicación tanto no ámbito educativo coma no cultural. Neste “reto de país” -como define o conselleiro- é preciso renovar estratexias, incorporando novos puntos de vista a través de persoas cunha recoñecida traxectoria e experiencia.

O conselleiro tamén tivo un especial agradecemento aos anteriores responsables destes departamentos -Jesús Oitavén, Manuel Corredoira e José Manuel Pinal respectivamente- aos que dixo despedir como “amigos e compañeiros” e aos que lles debe un grande respecto persoal e profesional, avalado polo traballo que desenvolveron ao longo dunha década á fronte do departamento educativo da Xunta de Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre