Inicio Galicia Román Rodríguez presenta o catálogo de 'Viae ad limina Sancti Iacobi' como...

Román Rodríguez presenta o catálogo de 'Viae ad limina Sancti Iacobi' como "un agasallo de Chencho Valdés a Galicia"

0
image_gallery.jpg


O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentou hoxe o catálogo da exposición Viae ad limina Sancti Iacobi, elaborado polo artista Chencho Pardo Valdés, a quen agradeceu o seu “agasallo a Galicia” cun traballo, dixo, “excepcional e xenuíno” que se converterá nunha peza clave para seguir divulgando a cultura xacobea a través da arte. Román Rodríguez agradeceu a contribución do debuxante e calígrafo lucense para “reinterpretar nesta obra a beleza do patrimonio paisaxístico de Galicia, sen perder o seu enfoque realista e o seu valor histórico”. Neste sentido, salientou entre os aspectos máis destacados do novo catálogo as cartografías dos itinerarios xacobeos incluídas no libro que reconstrúen parte dos enclaves do Camiño de Santiago.

A publicación presentada hoxe completa a mostra que se inaugurara hai cinco meses no Museo das Peregrinacións e de Santiago, dentro da programación da Xunta de Galicia na súa aposta por que a cultura continúe de xeito seguro. A mostra estaba composta por 42 debuxos e dúas cartografías nos que cobraban protagonismo abondosas cidades, vilas e lugares do país vinculados coas rutas xacobeas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre