Inicio Galicia Román Rodríguez presenta no Grove o novo libro fotográfico de Xurxo Lobato,...

Román Rodríguez presenta no Grove o novo libro fotográfico de Xurxo Lobato, Galicia é unha festa

0

O conselleiro de Cultura e Turismo cualifica a obra como un “magnífico relato fotográfico por 40 das nosas festas e entroidos máis sobranceiros”

O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, presentou esta tarde no Grove Galicia é unha festa, o novo libro do fotógrafo e membro da Real Academia Galega de Belas Artes, Xurxo Lobato, do que destacou o seu carácter de “magnífico relato fotográfico por 40 das nosas festas e entroidos máis sobranceiros”.

Román Rodríguez subliñou o carácter duplo das festas populares, como “recurso económico para moitas familias galegas e manifestación cultural da nosa galeguidade”; e lembrou que neste momento “hai 123 que xa gozan do recoñecemento de Interese Turístico Galego, 11 de Interese Turístico Nacional e 12 de Interese Turístico Internacional, o que da conta da singularidade, arraigo e valor das nosas festas”.

O titular de Cultura concluíu que este libro fotográfico permite coñecer a tradición festiva e de celebración comunitaria da nosa terra; recordándonos que as imaxes de Xurxo Lobato e os textos de Felipe Senén e Omayra Lista que artellan a obra, lémbrannos que “non podemos renunciar ao que somos e que as festas son un trazo constante na nosa cultura que, grazas ao traballo de Xurxo Lobato, agora nos entran polos ollos”.

Na presentación desta obra tomaron parte, ademais do conselleiro, o presidente do Club Náutico de San Vicente do Mar, Francisco Fuentes Castro; Avelino Ochoa, membro da directiva, e o propio Xurxo Lobato, que realizou un pase de fotografías da obra presentada.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre