Inicio Galicia Román Rodríguez inaugura a exposición 'Santomé. Conxunto arqueolóxico-natural' do Museo Arqueolóxico de...

Román Rodríguez inaugura a exposición 'Santomé. Conxunto arqueolóxico-natural' do Museo Arqueolóxico de Ourense

0

A mostra, aberta ata marzo de 2020 en Afundación Ourense, amosa restos materiais recuperados no proceso de escavación deste conxunto sobranceiro

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez inaugurou hoxe a exposición Santomé. Conxunto arqueolóxico-natural, organizada polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, xestionado pola Xunta de Galicia, que se poderá visitar ata o 8 de marzo de 2020 na sala de exposicións Afundación en Ourense.

Esta mostra amosa os resultados dunha importante investigación realizada polo propio persoal técnico da institución sobre os acontecementos máis destacados a través dos restos materiais recuperados no proceso de escavación deste conxunto sobranceiro. Deste xeito, o visitante realizará un paseo pola historia desde do asentamento desde o mundo castrexo ata o século V d.

C.

O conselleiro aproveitou o acto para destacar o compromiso e o importante labor que desenvolve o Museo e estendeu a invitación a todos os galegos a gozar desta “magnífica mostra” que inclúe pezas de extraordinario valor histórico, así como a visitar o propio xacemento, “un lugar de encontro entre natureza e pasado que é unha metáfora perfecta da simbiose que ofrece a nosa terra”, afirmou Román Rodríguez.

O titular de Cultura e Turismo, lembrou que a Xunta deu este ano un paso máis no compromiso co asentamento ao retomar a actividade arqueolóxica en Santomé. En concreto, acometeuse a escavación, consolidación e musealización dun sector significativo do castro, que está a permitir afondar no coñecemento do conxunto.

A mostra poderá visitarse de luns a venres de 17,30 a 20,30 h. e sábados, domingos e festivos de 12,00 a 14,00 h. e de 17,30 a 20,30 h.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre