Inicio Galicia Román Rodríguez identifica a cultura e o turismo como factores fundamentais da...

Román Rodríguez identifica a cultura e o turismo como factores fundamentais da gobernanza do territorio

0

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, identificou esta mañá a cultura e o turismo como factores fundamentais da gobernanza do territorio. Así o manifestou con motivo da inauguración do Seminario Internacional Os novos modelos de gobernanza rexional e urbana no século XXI, organizado na facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago.

Segundo Román Rodríguez, a actividade turística nútrese de diferentes variantes territoriais, polo que é necesaria unha gobernanza coherente e integral das mesmas, como pode ser a mobilidade e accesibilidade das persoas, a xestión do patrimonio natural e cultural ou a xestión das infraestruturas e o sector hostaleiro, entre outras. Todos estes factores “esixen unha xestión eficaz e eficiente para que poidamos ter un retorno positivo dunha actividade tan significativa para a sociedade como é o turismo”, destacou. E neste contexto, a cultura “é un dos elementos tractores que fomenta e senta o noso desenvolvemento turístico dos últimos anos”, engadiu.  

Leer más:  David Regades jura nuevamente como delegado en la Zona Franca de Vigo después de haber estado ocho meses en el Congreso

- Te recomendamos -