Inicio Galicia Román Rodríguez felicita aos alfombristas de Ponteareas que cubrirán a Grand Place...

Román Rodríguez felicita aos alfombristas de Ponteareas que cubrirán a Grand Place de Bruxelas para anunciar o Xacobeo 21

0

O titular de Cultura e Turismo agradeceu a constancia, perseveranza e dedicación dos membros da Asociación de Alfombristas de Ponteareas


O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado da directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, asistiu hoxe na praza do Obradoiro á recreación dunha alfombra floral co logo do Xacobeo 21. Trátase dun adianto da monumental alfombra que os membros da Asociación de Alfombristas de Ponteareas realizarán na Grand Place de Bruxelas para anunciar a celebración do vindeiro Ano Santo.

Durante este acto, o titular de Cultura e Turismo agradeceu “a constancia, perseveranza e dedicación” dos artesás de Ponteareas. “Sabemos que dedicastes infinidade de esforzos no impulso deste proxecto por iso hoxe quero felicitarvos a todos en nome de Galicia”, afirmou Román Rodríguez.

O Concello de Bruxelas ven de aprobar esta semana o proxecto dos alfombristas de Ponteareas e da Xunta para cubrir de flores a icónica Gran Place de Bruxelas en agosto de 2020 e anunciar así, na capital de Europa, a celebración do Xacobeo 21 e promover os valores da Ruta Xacobea durante o principal evento mundial deste tipo de arte efémera, a Flowercarpet.

O conselleiro de Cultura e Turismo lembrou cando, no ano 2017, a pedra do Obradoiro cubriuse cunha vintena de alfombras realizadas por máis de 200 artesáns de ata tres continentes. “Estou seguro de que a iniciativa que se levará a cabo en Bruxelas terá tanto éxito como a que se realizou nesta mesma praza”, afirmou.

Cómpre recordar que mostras de arte efémera como esta son pezas clave do patrimonio inmaterial de Galicia e tamén un importante atractivo turístico. Especialmente na nosa Comunidade, que conta con localidades cunha gran tradición de alfombristas como, entre outras, Bueu, Burela, Cangas, Redondela e especialmente en Ponteareas, cuxa festa do Corpus Christi está declarada como Festa de Interese Turístico Internacional.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre