Inicio Galicia Román Rodríguez expresa en Xapón a vontade de Galicia para seguir cooperando...

Román Rodríguez expresa en Xapón a vontade de Galicia para seguir cooperando en materia cultural e turística

0

O conselleiro participou hoxe no Instituto Cervantes en Tokio na conmemoración dos 20 anos de irmandamento entre o Camiño de Santiago e o Kumano-Kodo


O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou hoxe no acto conmemorativo polo 20 aniversario do irmandamento entre o Camiño de Santiago e o Kumano-Kodo, dúas das rutas de peregrinación máis universais e que contan coa declaración como Patrimonio Mundial. A cita, celebrada no Instituto Cervantes de Tokio, permitiu poñer en valor os mutuos beneficios que este vínculo ten xerado ao longo das dúas últimas décadas tanto para Galicia como para Xapón, cun diálogo e unha colaboración permanente que está a enriquecer a ambos territorios.

Ao cumprirse estes 20 anos de amizade, Román Rodríguez expresou a vontade de Galicia para continuar cooperando co país nipón en materia cultural e turística. Ao facer balance do acadado neste período, salientou que a relación institucional entre o Goberno galego e as autoridades xaponesas “nunca foi tan intensa” como desde 1998, cando rubricaron o seu irmandamento. Neste sentido, lembrou algunhas visitas recentes como a da Súa Alteza Real o Príncipe Naruhito, quen en 2014 percorreu un tramo da Ruta Xacobea, ou a do entón primeiro ministro, Shinzo Abe, que tivo oportunidade de coñecer a Catedral de Santiago.“Galicia e Xapón temos moito en común a pesares da distancia”, sinalou o conselleiro na súa intervención no Instituto Cervantes. Malia que o Camiño de Santiago e o Kumano-Kodo son itinerarios de peregrinación cunha base diferente e están separados por preto de 11.000 quilómetros de distancia, Román Rodríguez aludiu ás súas coincidencias históricas, na súa orixe e no seu desenvolvemento ata o auxe actual, con paralelismos nos ritos, símbolos ou costumes. “Ambas rutas son moito máis que dúas vías de comunicación ao uso”, declarou.Última xornada da viaxe institucionalO conselleiro, que a pasada fin de semana cubriu parte do Kumano-Kodo e achegouse ata varios dos seus templos, reuniuse no día de onte co gobernador de Wakayama, Yoshinobu Nisaka, no marco da viaxe institucional a dita Prefectura. Na última xornada da visita, xa en Tokio, amosou o seu desexo de “seguir traballando xuntos” e incrementar o intercambio de experiencias e coñecementos arredor dun modelo de cultura e de turismo sustentable.

Leer más:  La asamblea del PSOE de Vigo propone a Gonzalo Caballero como candidato gallego a las europeas

A relación froito deste irmandamento está a contribuír a que a cifra de peregrinos xaponeses medre cada ano. De feito, na última década multiplicouse por cinco ata os 1.500 actuais. De igual xeito, máis de 11.000 viaxeiros visitaron no último ano Galicia, onde realizaron máis de 19.500 pernoitas, preto dun 40% máis que hai só un lustro. Ademais, este 2018 a estadía media dos turistas procedentes deste país asiático está a incrementarse case un 21%.


- Te recomendamos -