Inicio Galicia Román Rodríguez e Ángeles Vázquez visitan o Festival de la Luz, adherido...

Román Rodríguez e Ángeles Vázquez visitan o Festival de la Luz, adherido á marca Fest Galicia impulsada pola Xunta

0

Os conselleiros de Cultura e do Medio Rural visitaron esta mañá o recinto, que aglutina durante esta fin de semana máis de 40 concertos e actividades para todos os públicos

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e maila conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, visitaron esta mañá o Festival de la Luz, que esta fin de semana se celebra na localidade coruñesa de Boimorto, e que se encargou de abrir a súa creadora e impulsora, a artista Luz Casal.

Esta sétima edición concentra durante dous días un amplo cartel de máis de 40 concertos e diversas actividades para todos os públicos, así como un mercado de produtos galegos de calidade, unha zona infantil con programación musical propia e un gastroespazo con propostas de importantes chefs galegos.

Galicia como destino musical de referenciaO conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, fixo fincapé en que este evento volve contar co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) cunha subvención de 20.168 euros (dentro do total de 280.000 euros dos que se benefician outros 11 grandes eventos musicais galegos); e está adherido á marca FEST Galicia, creada para promover o territorio galego como destino musical baixo criterios de calidade, sostibilidade e responsabilidade social. A esta marca, están asociados 10 festivais de verán que funcionan de xeito profesional e que se preocupan por achegarlle valores engadidos á experiencia musical, tanto na súa oferta de actividades como na súa xestión e organización.

Leer más:  David Regades jura nuevamente como delegado en la Zona Franca de Vigo después de haber estado ocho meses en el Congreso

Precisamente o conselleiro visitou o stand de FEST Galicia, un espazo onde se promoven distintas accións dos departamentos de Política Lingüística, Igualdade e Xuventude da Xunta co fin de difundir información e sensibilizar sobre ámbitos específicos relacionados co idioma, a xuventude ou a perspectiva de xénero entre outros.

Selos agroalimentarios de calidadeA Consellería do Medio Rural promociona os 33 selos agroalimentarios de calidade nun stand no Festival de La Luz. A conselleira aproveitou a súa visita ao festival para destacar a importancia deste certame e lembrou que nuns días será galardoado cun dos premios Agader ás mellores iniciativas de desenvolvemento rural, na categoría de cultura e recuperación patrimonial. “Non se trata só dunha cita musical, senón que aquí promociónase a nosa tradición, cultura e tamén gastronomía, porque se Galicia destaca é pola súa calidade en todos estes ámbitos”.

Nesta edición, o departamento de Medio Rural conta cun stand propio de 125 metros cadrados que ten unha zona de entretemento infantil con talleres varios; unha área atendida por persoal dos catro consellos reguladores dos queixos e da IXP Mel de Galicia, onde haberá diversas actividades de presentación e degustación; e unha zona para a promoción e divulgación da marca “Galega 100%”. Así mesmo hai un espazo onde os visitantes poderán ter información sobre os 33 produtos de calidade galegos e poder degustar varios deles. O orzamento que destina a consellería nesta cita supera os 34.000 euros. 

Leer más:  Javier Arias repetirá como delegado de la Xunta en Lugo

- Te recomendamos -