Inicio Galicia Román Rodríguez destaca que o espazo rural galego está atravesando unha ?segunda...

Román Rodríguez destaca que o espazo rural galego está atravesando unha ?segunda transición?

0


O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou esta mañá na inauguración do II Congreso Internacional Transiciones en la agricultura y la sociedad rural, no que destacou que, actualmente, o espazo rural galego está atravesando unha “segunda transición, dado que xa non é só un espazo de produción, senón que hoxe convive o abandono coa forte presión de uso en certas comarcas”, explicou. Ademais, tamén se erixe como parte necesaria da sociedade polo seu valor cultural, ambiental e paisaxístico; como “parte da nosa identidade”, salientou.

O titular de Cultura da Xunta de Galicia realizou un rápido recorrido histórico pola paisaxe rural galega, que desde o medievo ata os anos 60 do século pasado mantívose relativamente estable. Os cambios sucedéronse a continuación, unha “auténtica revolución silenciosa e unha transición, rápida e acelerada, que modificou todo: paisaxe, formas de vida, relacións de produción, articulación do territorio, etc.”, numerou. Neste sentido –e tendo en conta que a comunidade galega pode achegar moito a este debate–, Román Rodríguez animou aos 350 investigadores participantes, procedentes de máis de 20 países, a continuar estudando a historia rural desde unha perspectiva transnacional e transcontinental que permita facer fronte aos desafíos presentes e futuros.

Leer más:  Detenidas cuatro personas en A Guarda (Pontevedra) por robar libretas bancarias y 10.000 euros

- Te recomendamos -