Inicio Galicia Román Rodríguez destaca que o 88% dos empresarios turísticos esperan incrementar ou...

Román Rodríguez destaca que o 88% dos empresarios turísticos esperan incrementar ou manter as súas vendas este verán

0

O conselleiro de Cultura e Turismo asinou 11 convenios cos representantes dos xeodestinos para realizar actividades de promoción en máis dun cento de concellos

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, mantivo hoxe un encontro con representantes de diferentes xeodestinos galegos cos que asinou 11 convenios de colaboración para a realización de actividades de promoción e difusión turística. Neste senso, o titular de Cultura e Turismo subliñou o comportamento “sobresaínte” do turismo en Galicia, que encara o verán como un dos destinos mellor situados de España e como a comunidade autónoma que obtivo un mellor crecemento na tempada media-baixa.

Estes bos datos súmanse a que o 88% dos empresarios turísticos esperan aumentar ou manter as súas vendas este verán e que o índice de confianza empresarial se sitúe no 32%, triplicando a media española, o que amosa “as boas sensacións xeneralizadas no sector”.

Durante a sinatura dos convenios de colaboración, que suporán o investimento de máis de medio millón de euros en máis dun cento de municipios das catro provincias galegas, Román Rodríguez puxo de manifesto o compromiso da Xunta de seguir colaborando na posta en valor dun turismo “tranquilo, responsable e competitivo”. Nesta liña, o conselleiro lembrou a importancia do turismo rural, que no que vai de ano medrou un 10% con respecto ás cifras de 2018 sendo a modalidade turística que experimentou un maior crecemento.

Román Rodríguez destacou que a figura dos xeodestinos é “clave” na promoción dun modelo turístico baseado na especialización e a mellora da competitividade da oferta, na diversificación de fluxos turísticos ou na desestacionalización da demanda, “facendo de Galicia un destino atractivo os doce meses do ano”. “Os xeodestinos contribúen á que a nosa Comunidade sempre teña algo que ofrecer ao viaxeiro”, apuntou.

Neste sentido, o conselleiro de Cultura e Turismo resaltou a importancia de seguir avanzando no obxectivo de facer de Galicia un destino “de calidade e excelencia”, especialmente de cara ao próximo Xacobeo 21. De feito, Román Rodríguez apuntou que o próximo Ano Santo debe ser unha cita “que se deixe sentir en toda Galicia”, implicando “a todos os estratos da sociedade”, e que debe exercer como “motor de cambio” de toda a Comunidade, “tamén no eido turístico”.

Once xeodestinosDurante o acto de sinatura estiveron presentes representantes dos xeodestinos Ancares-Courel, As Mariñas, Condado-Paradanta, Celanova-Baixa Limia, Deza-Tabeirós, Manzaneda-Trevinca, O Ribeiro, Ría de Muros-Noia, Ría de Vigo e Baixo Miño, Terras de Santiago e Verín-Viana. Tamén asistiron a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, e o director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre