Inicio Galicia Román Rodríguez destaca que A Mariña seguirá sendo un destino referente grazas...

Román Rodríguez destaca que A Mariña seguirá sendo un destino referente grazas ao futuro plan de sustentabilidade turística

0

O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións explicou os detalles deste proxecto aos representantes da Mancomunidade de concellos desta comarca

O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, amosouse convencido de que A Mariña seguirá sendo un destino referente grazas a instrumentos como o futuro Plan de Sustentabilidade Turística, unha iniciativa na que colaborarán o Goberno central, a Xunta e as entidades locais para reactivar esta industria da man de actuacións respectuosas desde o punto de vista socioeconómico, medioambiental e territorial.

Precisamente, o responsable do departamento de Cultura e Turismo da Xunta presentou os detalles deste proxecto, aprobado o pasado mes na última Conferencia Sectorial de Turismo, aos representes da Mancomunidade de Concellos da Mariña lucense. Explicou que Galicia se comprometeu a coordinar esta acción e remitirlle ao Ministerio as propostas formuladas polos destinos que opten a esta iniciativa, que se desenvolverá nun período de tres anos e contará cun orzamento de 3 millóns que achegarán o Estado, as comunidades autónomas e as entidades locais beneficiarias.

As entidades locais serán as encargadas de elaborar a proposta de actuación que posteriormente valorará a Secretaría de Estado de Turismo. Precisamente, Román Rodríguez explicou aos membros desta entidade os requisitos que deberá reunir o futuro Plan de Sustentabilidade e os criterios que se valorarán para a súa elección.

Recuperación tras a crise sanitariaA iniciativa componse de dúas vertentes, unha centrada en destinos xa consolidados, caracterizados por recibir unha gran afluencia de xente e que busquen reorientar o seu modelo turístico cara outros máis intelixentes e sustentables, e outra vertente, na que se encadraría A Mariña, focalizada en destinos rurais ou de interior que ten por obxectivo poñer en valor aspectos como o patrimonio cultural ou medioambiental ou crear novos produtos turísticos baseados nas súas particularidades.

Román Rodríguez xa avanzou que Galicia proporá que este territorio sexa o primeiro no que bote a andar esta iniciativa. Así, explicou que o proxecto favorecerá a recuperación do tecido empresarial e turística desta zona, especialmente afectada pola crise da covid-19, e contribuirá á súa promoción como destino ligado a valores como a sustentabilidade e a seguridade. Creación de novos produtosEntre as actuacións que se financiarán no marco deste programa destaca a creación de novos produtos, a sinalización de recursos, actuacións de embelecemento de cascos históricos ou a aplicación de novas tecnoloxías para o seguimento da demanda turística.

Segundo Román Rodríguez, esta comarca cumpre con boa parte dos criterios específicos esixidos polo Goberno central para formar parte desta iniciativa ao tratarse dun territorio definido, que conforma unha marca turística diferenciada e que conta cun patrimonio cultural sobranceiro que se materializa en elementos como a Catedral de Mondoñedo ou a igrexa de San Martiño de Foz, así como emprazamentos naturais destacados como a Praia das Catedrais.

Do mesmo xeito, o titular de Cultura e Turismo subliñou o potencial da Mariña en eidos como o turismo cultural tras a recente inauguración do Museo de Sargadelos ou ao contar con eventos de sona internacional como o Resurrection FEST de Viveiro.

Apoio á reactivación do sector Tal e como recalcou Román Rodríguez, esta acción súmase a outras avanzadas polo Goberno galego para favorecer a reactivación do sector turístico na Mariña, entre as que destaca o incremento do apoio ao xeodestino, duplicando as súas achegas para a reforzar a súa imaxe como destino de calidade, así como as accións recollidas no programa Galicia destino seguro, entre as que figura a sinatura dun convenio coa asociación provincial para a posta en marcha de accións de formación online en materia hixiénico-sanitaria e un servizo de asesoramento. Do mesmo xeito, a Xunta traballa en accións de promoción centradas neste territorio 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre