Inicio Galicia Román Rodríguez destaca os valores comúns do deporte e a ruta xacobea...

Román Rodríguez destaca os valores comúns do deporte e a ruta xacobea na presentación de 'O Camiño remata en Obradoiro'

0


O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, destacou os valores comúns do deporte e a Ruta Xacobea na presentación da V edición do documental O camiño remata en Obradoiro, un traballo audiovisual promovido por Monbus Obradoiro co apoio da Xunta que recolle a experiencia da xogadora de baloncesto Amaya Valdemoro percorrendo a Vía da Prata. O titular de Cultura e Turismo felicitou á deportista por participar nesta iniciativa que permitirá “contribuír á difusión de principios como o traballo, a constancia e o compromiso”, que comparten tanto a práctica deportiva como o Camiño de Santiago. Así mesmo, referiuse á importante aposta do Monbus Obradoiro por este proxecto, que nos últimos anos percorreu distintos itinerarios xacobeos favorecendo a súa proxección internacional. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre