Inicio Galicia Román Rodríguez destaca o papel dos Centros de Estudos Galegos na proxección...

Román Rodríguez destaca o papel dos Centros de Estudos Galegos na proxección internacional do Xacobeo 21

0

O conselleiro inaugurou esta mañá o I Simposio internacional sobre esta temática no que arredor de 150 especialistas en lingua e cultura da rede de lectorados da Xunta se darán cita Santiago de Compostela para definir estratexias na difusión do noso patrimonio cultural e lingüístico

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, inaugurou esta mañá o I Simposio Internacional Os estudos galegos camiño do Xacobeo 21, que contará ata mañá coa presenza de 150 especialistas en lingua, cultura e proxección exterior procedentes de 20 países, nomeadamente vencellados á Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos (CEG) da Xunta de Galicia.

O obxectivo do simposio é compartir experiencias e definir os eixes de actuación da difusión e promoción exterior do noso patrimonio cultural e lingüístico enfocándoos cara o Xacobeo 21. “O binomio Centros de Estudos Galegos e Camiño de Santiago suma potencialidades en torno ao gran reto estratéxico que temos por diante: o Xacobeo 21”, afirmou o conselleiro.

O encontro está dirixido especificamente ao persoal docente e investigador das universidades nas que se localizan os Centros de Estudos Galegos (CEG), aos axentes de turismo, a persoal universitario e doutras institucións que traballan en proxección exterior e ao persoal da Administración estreitamente relacionado coa Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos. “O que buscamos con este simposio é compartir experiencias e ademais vainos servir para definir novos eixos de actuación sobre o noso patrimonio cultural e lingüístico”, engadiu o titular de Cultura e Turismo.

Leer más:  Rescatan a un hombre tras precipitarse por un barranco el coche que conducía en Covelo (Pontevedra)

Deste xeito, durante o Simposio, abordaranse diversas liñas de actuación: reforzar a posta en valor do traballo que desenvolven os CEG; establecer eixos comúns de actuación cara á planificación e difusión do vindeiro Xacobeo; recoller as achegas dos CEG para a promoción do Xacobeo; potenciar focos que irradien a cultura xacobeo e abrir liñas de colaboración entre os CEG e as máis de 300 Asociacións de Amigos do Camiño.

O conselleiro finalizou a súa intervención desexando que “este primeiro foro marque un punto e seguido no desenvolvemento de proxectos comúns que contribúan a facer aínda máis internacional o Camiño, a nosa lingua e a nosa cultura”.

ParticipantesO encontro contará coa participación de Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega; Luis García Montero, director do Instituto Cervantes; Filipa Soares, responsable do Instituto Camôes en Madrid; Gregorio Ferreiro, vicepresidente da Rede Europea para a Promoción da Diversidade Lingüística (NPLD); María Boguszewicz, presidenta da Asociación Internacional de Estudos Galegos; directores de diferentes CEG; e os músicos Uxía, Roi Casal, Javier Otero e Guadi Galego, entroutros.

Leer más:  Cierran la Playa de As Catedrais este jueves por el fuerte temporal

Toda a información e programa dispoñibles no Portal da Lingua Galega.


- Te recomendamos -