Inicio Galicia Román Rodríguez destaca o papel do Camiño como plató de cine no...

Román Rodríguez destaca o papel do Camiño como plató de cine no Maratón Internacional de Curtametraxes

0

O conselleiro de Cultura e Turismo saudou aos 100 profesionais que participan no CGAC neste proxecto de ‘O teu Xacobeo’

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, saudou hoxe en Santiago de Compostela aos 100 profesionais que durante toda esta semana participan no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) no II Maratón Internacional de Creación de Curtametraxes sobre o Camiño de Santiago. Trátase dunha actividade impulsada pola asociación Kino Galicia no marco de O teu Xacobeo, o programa que fomenta a participación da cidadanía polo Ano Santo.

Durante a súa visita, o titular de Cultura e Turismo puido compartir impresións con algúns dos participantes neste proxecto e destacar o vínculo do Xacobeo 2021 coa cultura e o mundo do cine. “O Camiño de Santiago é desde o seus inicios unha importante vía de difusión cultural e de intercambio de saberes e na actualidade o audiovisual xoga un importante papel no obxectivo internacionalizar e fomentar os valores xacobeos”, precisou.

Despois dunha xornada na que se celebrou unha masterclass para todos os participantes, os profesionais que asisten a II Maratón Internacional de Creación de Curtametraxes reuníronse hoxe para montar os equipos e empezar a traballar nas sete curtametraxes ambientadas no Camiño de Santiago que se proxectarán o vindeiro martes día 18. Entre os preto de 100 asistentes a este evento, atópanse profesionais procedentes de México, Italia, Francia, Austria, Finlandia, Rusia, Alemaña, Israel, Bélxica e España.

Entre os asistentes atópase o director e guionista Alber Ponte, a actriz Ana Arias (Cuéntame), a maquilladora Carmen Porto (Vivir sin permiso, Libro de Familia) ou o director e actor Evaristo Calvo (Mofa e Befa), entre outros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre