Inicio Galicia Román Rodríguez destaca o compromiso de Manuel Moldes coa arte galega na...

Román Rodríguez destaca o compromiso de Manuel Moldes coa arte galega na XIV Bienal Pintor Laxeiro

0


O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asistiu á apertura da XIV Bienal Pintor Laxeiro, que este ano homenaxea ao artista pontevedrés Manuel Moldes, falecido en 2017, e na que participan unha vintena de artistas.

O titular de Cultura e Turismo fixo alusión ao destacado traballo de Moldes e o seu compromiso coa arte galega. Foi membro da Real Academia de Belas Artes, profesor da facultade de Belas Artes de Pontevedra, integrante do colectivo renovador Atlántica e unha peza clave para comprender a arte feita en Galicia “como creador e como mestre de varias xeracións de artistas galegos”, apuntou Román Rodríguez. Ademais, destacou que o artista tiña fortes vínculos con Lalín e co Deza, xa que participou en varias ocasións nesta Bienal, foi cartelista da Feira do Cocido e recibiu a Medalla Amigo da Fundación A Solaina de Piloño en 2006.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre