Inicio Galicia Román Rodríguez destaca o compromiso da Xunta coa escena musical de Vigo...

Román Rodríguez destaca o compromiso da Xunta coa escena musical de Vigo na cuarta xornada de ?Solpores do Museo?

0

O conselleiro de Cultura e Turismo asistiu ao concerto de Soleá Morente e Xosé Manuel Budiño no Museo do Mar de Galicia dentro deste ciclo de actuacións

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, destacou hoxe o compromiso da Xunta coa escena musical de Vigo nunha nova xornada de Solpores do Museo, o ciclo de concertos impulsado polo Goberno galego o pasado 24 de xullo. O representante autonómico asistiu este serán ao cuarto concerto deste evento, protagonizado por Soleá Morente e Xosé Manuel Budiño no Museo do Mar de Galicia, un emprazamento emblemático, en plena ría de Vigo, polo que discorre o Camiño de Santiago.

O titular de Cultura e Turismo subliñou o éxito deste proxecto, que naceu coa vontade de poñer en valor o traballo de artistas vigueses, tanto emerxentes como consagrados, a través dunha programación transversal con seis citas musicais que se celebran de balde durante este verán. Un éxito que se referendou, aclarou, co feito de que se esgotaran as entradas en tan só día e medio para as seis citas musicais programadas.

Ademais, Román Rodríguez destacou que a aposta da Xunta por poñer en valor o potencial da escena musical viguesa terá continuidade este outono coa iniciativa Vigo emerxe, un encontro musical que impulsará o Goberno galego e que estará protagonizado por grupos locais emerxentes co fin de “rememorar os tempos da movida viguesa”.

Tras o paso polo escenario de Baiuca e Presumido, Amaro Ferreiro e Villanueva e Moon Cresta e a banda Aurora & The Betrayers, nas xornada previas, e de Soleá Morente e Xosé Manuel Budiño hoxe; o vindeiro 21 será a quenda de Joe Crepúsculo e a galega Cora Velasco. O peche deste ciclo de actuacións correrá a cargo de Zenet e Bliusvai o 29 de agosto.

Todos os concertos estanse celebrando na terraza do restaurante do Museo do Mar de Galicia, comezando ás 20,30 h.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre