Inicio Galicia Román Rodríguez destaca o “rotundo éxito” de ‘In Tempore Sueborum’

Román Rodríguez destaca o “rotundo éxito” de ‘In Tempore Sueborum’

0

A Consellería de Cultura colabora coa Deputación de Ourense neste proxecto que ofrece unha nova visión do papel dos suevos a través de 262 pezas procedentes de centros museísticos tanto galegos como doutras partes de España e do mundo

O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, participou hoxe no Centro Cultural Marcos Valcárcel na clausura da mostra In Tempore Sueborum. O tempo dos suevos na Gallaecia. O primeiro reino medieval de Occidente (411-585). Trátase da primeira exposición monográfica abordada na comunidade galega sobre este tema, impulsada pola Deputación Provincial de Ourense e apoiada pola Consellería de Cultura e Educación.

Rodríguez cualificou a mostra sobre o que acabaría sendo o primeiro reino medieval de Occidente como “un rotundo éxito de público, de crítica e de difusión do coñecemento histórico.” Subliñou tamén que, grazas á devandita exposición, “somos, moitos máis os galegos que coñecemos as características principais do reino suevo”. Desde o 15 de decembro e ata o 7 de maio de 2018, puideron visitar as 262 pezas procedentes de centros museísticos nacionais e internacionais, e repartidas en tres espazos expositivos de Ourense, o Marcos Valcárcel, o Museo Municipal de Ourense e a Igrexa de Santa María Nai, un total de 42.000 persoas.

Leer más:  El incendio de A Fonsagrada (Lugo), que ha afectado a 65 hectáreas, ha sido controlado

Os comisarios de In Tempore Sueborum, Jorge López e Artemio Martínez, achegaron un novo relato sobre este pobo que abrangue máis de século e medio do noso pasado. Configurando a que, en palabras do titular de Cultura, foi “a mellor mostra posible” sobre os grupos humanos asentados na Gallaecia nos primeiros séculos da Idade Media, coa actualización e revisión dos coñecementos e hipóteses que ata agora se manexaban sobre esta etapa.

A clausura incluíu a presentación e estrea do documental In tempore Sueborum e a representación do espectáculo Peregrinatio, dedicado ás músicas nos camiños de peregrinación medievais. Ademais do conselleiro participaron no peche da mostra o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o alcalde Ourense, Jesús Vázquez; o bispo de Ourense, Leonardo Lemos; o delegado de Abanca en Ourense, Rubén Saavedra e un dos comisarios da exposición, Jorge López.


- Te recomendamos -