Inicio Galicia Román Rodríguez destaca a importancia do turismo de congresos para ?fortalecer o...

Román Rodríguez destaca a importancia do turismo de congresos para ?fortalecer o Camiño desde o coñecemento?

0

Fíxoo na sinatura dun convenio de colaboración polo que a Xunta apoia o ‘Encontro Internacional de Reitores no Camiño de Santiago’


O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e a secretaria executiva do Grupo Compostela de Universidades, María Teresa Carballeira Rivera, asinaron esta mañá no Museo de Peregrinacións e de Santiago un convenio de colaboración para organizar entre o 9 e o 11 de outubro no CIEDUS o Encontro Internacional de Reitores no Camiño de Santiago, nun acto conducido pola comisaría do Xacobeo 21, Cecilia Pereira. Até o momento, está confirmada a participación nesta relevante cita congresual dun de representantes de 28 universidades de 10 países europeos e americanos.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, subliñou na súa intervención a importancia do Turismo de Congresos e afirmou que se trata dunha boa oportunidade para “fortalecer o Camiño desde o coñecemento”, destacando sobre o Encontro que “promoverá a reflexión sobre o desenvolvemento sustentable” e valorándoo como “unha cita positiva para a difusión dos valores xacobeos nun ámbito tan importante como é o da educación superior”.

Ademais, Román Rodríguez explicou que esta iniciativa é un paso máis na etapa de preparación do Xacobeo 21 e incidirá positivamente nalgúns dos valores previstos no Plan Estratéxico. “Este encontro ?afirmou o titular de Cultura? permítenos avanzar cara a un Camiño de Santiago cada vez máis sustentable, máis hospitalario, máis multicultural e máis integrador”. O conselleiro concluíu a súa intervención destacando o valor da hospitalidade xacobea como carta de identidade do Camiño e, por extensión, de Galicia, e agradecendo a visión europeísta e o labor en prol da difusión de Galicia realizado polo Grupo Compostela.

Pola súa banda, a secretaria executiva do Grupo Compostela de Universidades, María Teresa Carballeira Rivera, aclarou que “este Encontro de Reitores marca a nova dirección do Grupo Compostela de Universidades, agora máis identificado coas universidades socias e as súas inquietudes, máis unido que nunca aos valores do Camiño de Santiago, razón e causa do seu nacemento”.

Programación O programa completo do Encontro inclúe, na súa parte profesional, mesas redondas, grupos de traballo e relatorios de especialistas como a xefa da Unidade de Educación Superior da Unión Europea, Vanessa Debiais-Sainton, ou o director xeral da Oficina da Alta Comisionada para a Axenda 2030, Federico Buyolo. A cita completarase con visitas culturais, degustacións de produtos galegos e un percorrido polo Camiño de Inverno na contorna da Ribeira Sacra. Na súa derradeira xornada, está previsto que se asine a Declaración Solemne Ribeira Sacra de Reitores no Camiño de Santiago, expresión do compromiso das universidades e da súa vontade de traballar en prol do logro dos obxectivos de desenvolvemento sustentable na Educación Superior e da iniciativa de universidade europea. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre