Inicio Galicia Román Rodríguez destaca a importancia da cultura popular na XLIX Festa da...

Román Rodríguez destaca a importancia da cultura popular na XLIX Festa da Augardente de Portomarín

0

O conselleiro de Cultura e Turismo foi o encargado de pronunciar o pregón tras ser nomeado membro da Orde da Alquitara

Portomarín (Lugo), 21 de abril de 2019.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, foi o encargado de pronunciar o pregón da XLIX Festa da Augardente Camiño de auga e soños de Portomarín, nun acto no que tamén foi nomeado membro da Orde da Alquitara.

Durante a súa intervención, o conselleiro desgranou a receita da augardente facendo referencia ao Camiño de Santiago e destacou “a importancia deste produto gastronómico como parte fundamental da cultura popular galega”. Neste sentido, aludiu ao ingrediente principal, o bagazo, “procedente das uvas colleitadas nestas terras da Ribeira Sacra, de viticultura heroica e desde hai uns días, candidata a Patrimonio Mundial da Unesco”.

Así mesmo, destacou o labor da localidade lucense que, en palabras de Román Rodríguez, é todo un referente do aproveitamento socioeconómico da ruta xacobea. “Estamos ás portas do Xacobeo 2021, e Portomarín é un gran exemplo da nosa mellor tradición hospitalaria e da gran riqueza que xera o Camiño de Santiago”, concluíu o conselleiro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre