Inicio Galicia Román Rodríguez destaca a dimensión e interese internacional do Camiño de Santiago

Román Rodríguez destaca a dimensión e interese internacional do Camiño de Santiago

0

O conselleiro de Cultura e Turismo participou esta tarde no Museo das Peregrinacións na presentación de ‘L’altare argenteo di San Iacopo a Pistoia’

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou esta tarde no Museo das Peregrinacións e de Santiago na presentación do libro Avvicinatevi alla Bellezza. L’altare argenteo di San Iacopo a Pistoia, da investigadora Lucia Gai e o fotógrafo Nicolò Begliomini.

O conselleiro destacou a calidade desta obra, que se ofrece en edición bilingüe italiano-castelán, dada ao prelo por Giorgio Tesi Editrice, e que valorou como “unha boa mostra do interese e a importancia que o Camiño esperta no querido país transalpino”. “Galicia e Santiago de Compostela ?explicou Román Rodríguez? son a meta, pero as orixes e ramificacións da historia xacobea son multitude, tendo moitas delas a súa orixe en Italia”.

O titular de Cultura rematou a súa intervención afirmando que “a investigación humanística debe xogar o seu papel para aquilatar a celebración con rigor científico e valioso coñecemento” e convidando á delegación italiana, encabezada polo Arcipreste da Catedral de Pistoia, Luca Carlesi; o presidente do Centro italiano de Estudos Compostelanos, Paolo Caucci; o fotógrafo coautor do libro, Nicolò Begliomini; o asesor de Turismo do concello de Pistoia, Alessandro Sabela; e o presidente de Giorgio Tesi Group, Fabrizio Tesi, a participar no vindeiro Xacobeo 21.

O Altar de Santiago na Catedral de Pistoia é unha das meirandes obras de ourivería litúrxica realizadas. A peza cumpre a función de sagrario, ao albergar unha reliquia do Apóstolo que Diego Xelmírez lle fixo entrega a san Atón, bispo de Pistoia, a comezos do século XII. Esta obra de arte foi executada e modificada por 17 grandes mestres entre 1287 e 1456 e na actualidade configúrase como un dos símbolos identitarios máis importantes desta cidade, coñecida popularmente como a pequena Compostela italiana.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre