Inicio Galicia Román Rodríguez destaca a capacidade dos emprazamentos culturais para dinamizar o turismo

Román Rodríguez destaca a capacidade dos emprazamentos culturais para dinamizar o turismo

0

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o alcalde de Lalín, José Crespo, participaron hoxe na inauguración do Museo Municipal Ramón Mª Aller onde se levaron a cabo obras co obxectivo de mellorar a cuberta e os servizos desta instalación municipal. Durante o acto, o titular de Cultura e Turismo puxo en valor a figura dos emprazamentos culturais e destacou a súa capacidade para dinamizar o turismo.

As obras levadas a cabo no Museo Municipal de Lalín están enmarcadas nun convenio de colaboración dotado con preto de 80.000 euros que permitirá, tal e como salientou Román Rodríguez, “mellorar os recursos turísticos das entidades locais”. Concretamente, reparouse a cuberta do edificio co obxectivo de evitar a entrada de auga cara o interior e que a estrutura se manteña no mellor estado posible. Ademais, tamén se construíu un aseo adaptado a persoas con mobilidade reducida.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre