Inicio Galicia Román Rodríguez destaca a "calidade e excelencia" da cociña galega na V...

Román Rodríguez destaca a "calidade e excelencia" da cociña galega na V Gala Showcooking 'De Tapas por Galicia'

0

O conselleiro de Cultura e Turismo asistiu ao evento no que participaron chefs das sete grandes cidades que gañaron previamente os concursos locais de tapas

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, destacou a “calidade e excelencia” da cociña galega no marco da V Gala Showcooking De Tapas por Galicia, celebrada no Hostal dos Reis Católicos. No evento participaron os representantes das sete grandes cidades galegas que foron previamente gañadores dos concursos locais de tapas que se celebraron durante o ano pasado.

O titular de Turismo da Xunta salientou que o “gran nivel” dos cociñeiros participantes é reflexo da “aposta pola calidade e a innovación” dos chefs galegos. Mostra desa “excelencia”, subliñou, son os recoñecementos obtidos polos establecementos de restauración ubicados na nosa Comunidade, entre os que destacan os 11 restaurantes con Estrella Michelin ou as 61 distincións Q de Calidade.

Neste sentido, o conselleiro de Cultura e Turismo puxo de manifesto que a gastronomía é xa a segunda razón pola que os viaxeiros acoden a Galicia. Por este motivo, Román Rodríguez destacou que o Goberno galego está a poñer e marcha medidas para que a cociña galega xogue “un papel estratéxico” no noso sector turístico, entre as que destaca a estratexia Galicia Sabe, para facer da Comunidade un destino enogastronómico de referencia. “Cremos que a aposta pola nosa gastronomía é unha aposta segura”, resumiu.

O certame deste ano contou coa participación de Pablo Fuentes, gañador do Tapéate Ferrol (Ferrol); Nelssy Soriano, do concurso Concurso de Tapas Picadillo (A Coruña); Tomás Rubio, gañador de Santiago(é)Tapas (Santiago de Compostela); Rubén González, gañador de Pontedetapas (Pontevedra); Pedro Méndez, gañador do concurso de Tapas Petisquiño (Vigo); Paco Gómez, gañador do Concurso de Pinchos Sabores de Ourense (Ourense) e Alejandro Méndez e Alejandro Ares, gañadores do Concurso de Tapas de Lugo (Lugo).

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre