Inicio Galicia Román Rodríguez destaca a aposta pola sustentabilidade e a calidade como motores...

Román Rodríguez destaca a aposta pola sustentabilidade e a calidade como motores da recuperación do sector turístico

0

O conselleiro de Cultura e Turismo participou na xornada ‘A crise do covid-19 e o sector turístico galego’, organizada pola Universidade de Santiago de Compostela


O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, destacou a aposta pola sustentabilidade e a calidade como motores da recuperación do turismo galego tras a alerta sanitaria. Fíxoo durante unha intervención na xornada A crise do covid-19 e o sector turístico galego: Principais retos e liñas de actuación, organizada polo Goberno galego, o Grupo de investigación de Análise Territorial da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade de Vigo (UVigo).

Durante a sesión, na que tamén participaron o catedrático de Medicina Preventiva da USC, Juan Gestal, e o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, Román Rodríguez salientou que a recuperación da confianza é fundamental para favorecer a reactivación desta industria. Precisamente, subliñou a importancia de seguir fomentando colaboración público-privada co obxectivo de apoiar aos negocios do sector á hora de adaptar os seus establecementos aos novos requirimentos de seguridade sanitaria.

Neste sentido, recalcou a importancia do programa Galicia destino seguro, polo que o Goberno galego inviste preto de oito millóns de euros en diferentes actuacións para impulsar a nosa Comunidade como un destino fiable e de calidade a través de accións de información e formación ás empresas, asesoramento e apoio económico para axudar aos negocios a adaptarse ás novas esixencias.

Aposta polo ‘turismo de autor’O titular de Cultura e Turismo explicou que os esforzos levados a cabo polas empresas e particulares do sector, así como polas distintas administracións, están comezando a dar os seus froitos. Así, subliñou que na actualidade xa se aprecia un cambio de tendencia de cara os meses do verán, onde xa se rexistran preto de cinco reservas por cada cancelación.

Román Rodríguez puxo en valor as particularidades do turismo galego, especialmente no contexto actual onde os visitantes valoran cada vez máis elementos como a natureza, a paisaxe, o patrimonio ou feitos diferenciais como o Camiño de Santiago, que conforman un modelo de “turismo de autor”. De feito, subliñou a necesidade de seguir potenciando estes valores, potenciando a sustentabilidade, a calidade, a proximidade e a tecnoloxía, ofrecendo experiencias persoais e familiares á medida de cada visitante.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre