Inicio Galicia Román Rodríguez chama a fixarse no legado de Carvalho Calero para que...

Román Rodríguez chama a fixarse no legado de Carvalho Calero para que a lingua continúe sendo un elemento de unión cultural

0

Lembrou que segundo o último informe PISA Galicia é a comunidade autónoma onde o alumnado fala dúas linguas con máis facilidade

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou hoxe, xunto ao presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Freixanes, na presentación dos XL Cadernos Ramón Piñeiro. Estudos arredor de Ricardo Carvalho Calero, unha publicación que conta coa colaboración de 19 expertos que, a través dunha vintena de artigos, debullan a vida e obra do autor homenaxeado nas Letras Galegas.

Durante o acto de presentación, ao que tamén asistiu a filla do homenaxeado Margarita Carballo Ramos, o titular de Cultura e Educación da Xunta chamou a fixarse no legado de Carvalho Calero para que a lingua “continúe sendo un nexo cultural e un elemento de cohesión entre as persoas”. Neste sentido, lembrou que a Comunidade galega é “un referente en materia lingüística ao contar cun modelo de convivencia totalmente normalizado”. Proba disto son os resultados do último informe PISA nos que se constata que Galicia é a autonomía onde o alumnado fala dúas linguas con maior facilidade. Un modelo que, tal e como engadiu, é unha herdanza do legado de autores que como Carvalho Calero traballaron sempre “a prol do noso país e da nosa lingua”.

Por outra banda, Román Rodríguez afirmou que a crise do coronavirus provocou que a folla de ruta cultural para este ano coa conmemoración do centenario da Xeración Nós ademais do propio Carvalho Calero, tivese que mudar para adaptar as actividades a un novo escenario marcado pola pandemia. “Neste contexto, o importante é que sexamos capaces de seguir avanzando para que a cultura non se pare e se ofrezan alternativas seguras e de calidade como a de hoxe”, sostivo.

Unha vintena de artigosA publicación presentada hoxe supón o volume número 40 dos Cadernos Ramón Piñeiro, un facsímile que ano tras ano ofrece documentos espistolares inéditos, semblanzas ou análises da obra dos autores máis relevantes da literatura galega contemporánea. No caso do último exemplar, a publicación pon en valor a traxectoria do autor como poeta, ensaísta, crítico e estudoso a través dunha vintena de artigos que, tal e como afirmou o conselleiro de Cultura e Educación, “deixan patente, unha vez máis, o acerto da Real Academia Galega ao escoller a figura homenaxeada nas Letras”.“Estas páxinas recollen a traxectoria de Carvalho Calero, un traballador incansable que recolleu da Xeración Nós o imperioso deber de crear para sempre a cultura galega e que o asumiu como propio sendo un adolescente”, subliñou Román Rodríguez. Así, o conselleiro referiuse a Carvalho Calero como “unha das mentes máis brillantes e activas da súa xeración” capaz de destacar tanto no mundo da cultura desde moi novo, como de abrir novos camiños no ámbito educativo onde, entre outras cousas, se converteu no primeiro catedrático de Lingüística e literatura galega da Universidade de Santiago.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre