Inicio Galicia Román Rodríguez avanza que a Xunta adxudicará este mes as obras de...

Román Rodríguez avanza que a Xunta adxudicará este mes as obras de rehabilitación no Convento de Herbón

0

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade visitou hoxe este ben de gran valor para o Camiño Portugués e a comarca de Santiago

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, acompañado pola directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, visitou hoxe o Convento de Herbón, onde a Xunta de Galicia ten previsto levar a cabo obras de rehabilitación e conservación para resolver os problemas presentes na zona do claustro, a máis antiga do convento e a que se atopa en peor estado, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas cara ao seu uso cultural.

Así, tal e como avanzou o titular de Cultura e Educación, o Goberno galego ten previsto adxudicar este mes estas obras, que contan cun investimento de case 420.000 euros e un prazo de execución de seis meses. Durante este período, actuarase na zona do claustro, onde a falta de mantemento dos últimos anos provocou a entrada de auga e o deterioro das estruturas e dos acabados. Neste marco, e co obxectivo de resolver este problema, restauraranse as cubertas e o forxado de piso no primeiro andar, conservando as madeiras que se atopen en bo estado e mantendo a tipoloxía naqueles casos nos que sexa preciso substituílas.

O proxecto de conservación deste inmoble, declarado BIC no ano 2013, tamén contempla a limpeza e rexuntado da cantería dos muros do claustro e do primeiro andar, así como a restauración das carpinterías exteriores e a eliminación dos elementos discordantes. Por último, aplicarase un tratamento á madeira fronte aos xilófagos e repasaranse todas as xuntas do pavimento do claustro.1,3M€ na área de CompostelaDurante a visita, Román Rodríguez explicou que con estas actuacións a Xunta quere “poñer en valor un dos bens máis senlleiros tanto no Camiño Portugués como na comarca de Santiago de Compostela, que conta cun gran valor patrimonial e histórico”. Neste sentido, destacou o firme compromiso do seu departamento “por restaurar, conservar e protexer o noso legado patrimonial, facendo especial fincapé naqueles bens que, como o Convento de Herbón, están situados ao carón da Ruta Xacobea”.

Así mesmo, o conselleiro explicou que, máis alá da Catedral de Santiago, o compromiso da Administración autonómica coa área de Compostela tradúcese en que actualmente se destinan 1,3M€ de euros en actuacións patrimoniais nesta comarca con intervencións na igrexa de San Mamede, en Rois; na de Lamas, en Boqueixón; na de San Xiao de Laiño, en Dodro; no Convento das Mercedarias, en Santiago, e no Museo do Pobo Galego, onde o noso apoio á ampliación e nova museografía supera os 500.000 euros.

Fundado no ano 1936O complexo de Herbón foi fundado no ano 1936 e desde entón pasou por varios usos e etapas que van desde o colexio de misioneros e seminario ata o convento, centro educativo e residencia da comunidade franciscana. Na actualidade, presenta un estado de conservación diverso e mentres que a igrexa e a residencia dos frades atópase en bo estado, o claustro, zona na que se van centrar as actuacións impulsadas pola Xunta de Galicia, presenta un estado deficiente. Ademais do claustro, no convento tamén destaca a fonte de San Bieito, que verte auga polo peito, así como o altar con obras de Benito Collazo, Gambino, José Ferreiro ou Puente.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre