Inicio Galicia Román Rodríguez asiste ao espectáculo ?Dreaming Juliet', a primeira estrea de teatro...

Román Rodríguez asiste ao espectáculo ?Dreaming Juliet', a primeira estrea de teatro galego da etapa poscovid

0

A produción conta co apoio da Xunta de Galicia a través das axudas á creación escénica en teatro, novo circo e maxia que convoca a Consellería de Cultura

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado polo director da Axencia Galega de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, asistiu hoxe na Coruña á estrea de Dreaming Juliet de Elefante Elegante, a primeira estrea de teatro profesional galego que volve aos escenarios despois do confinamento derivado da crise do coronavirus. Trátase dunha obra que parte do clásico shakesperiano Romeo e Xulieta para abordar o amor como tema humano esencial que conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través da convocatoria de subvencións á creación escénica na categoría de teatro, novo circo e maxia.

A estrea deste espectáculo, que inicialmente estaba prevista para o pasado mes de marzo en Culleredo e que foi adiada por mor da crise sanitaria, tivo lugar no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, un espazo que forma parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios, o circuíto profesional de distribución de espectáculos que o Goberno galego impulsa e cofinancia en escenarios de 40 concellos galegosNesta ocasión, Gonçalo Guerreiro, María Torres, Marta Alonso, Nacho Martín e Miguel Paz subiron ao escenario para presentar un espectáculo cunha linguaxe visual asentada no teatro de movemento, na música interpretada en directo e na danza. Dreaming Juliet crea unha poética universal da paixón, cunha proposta que parte da hipótese de que a parella protagonista non ten como obstáculo para a súa relación a oposición familiar, senón as adversidades das rutinas do mundo contemporáneo.

Esta volta aos escenarios levouse a cabo seguindo as recomendacións sanitarias e con medidas de seguridade para público, actores e persoal técnico que van desde a limitación de aforo, ata a separación entre butacas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre