Inicio Galicia Román Rodríguez asiste á Procesión das Angustias en Ferrol

Román Rodríguez asiste á Procesión das Angustias en Ferrol

0

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asistiu hoxe á Procesión da Nosa Señora das Angustias de Ferrol, un dos desfiles que se celebra o Xoves Santo na Semana Santa ferrolá, unha festa declarada de Interese Turístico Internacional. Esta procesión está organizada pola Pontificia, Real e Ilustre Confraría de Nosa Señora das Angustias e conta con catro pasos: Xesús Nazareno, Cristo da Agonía, Cristo Xacente e Nosa Señora das Angustias.

A Semana Santa de Ferrol conta con 25 desfiles procesionais que rememoran a Paixón, Morte e Resurrección de Xesús. Entre o Domingo de Ramos e o de Resurrección, Ferrol énchense de fervor relixioso e bulicio en torno aos pasos das súas cinco confrarías, herdeiras dunha tradición secular e dun espírito de fondo calado popular que resiste aos cambios sociais e xeracionais. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre