Inicio Galicia Román Rodríguez asiste á Feira do Cocido de Lalín, que conta coa...

Román Rodríguez asiste á Feira do Cocido de Lalín, que conta coa colaboración e apoio económico da Xunta de Galicia

0

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou hoxe na LI Feira do Cocido de Lalín, unha das citas gastronómicas máis importantes do inverno na comarca do Deza. A Feira do Cocido de Lalín, declarada Festa de Interese Turístico Nacional e que se celebra desde hai máis de cincuenta anos, supón a culminación dun programa cultural e gastronómico que se estende durante un mes e que conta co apoio económico da Xunta a través dunha colaboración de 30.000 euros.

No modelo turístico de Galicia, estas celebracións ocupan un lugar destacado. Neste sentido, Román Rodríguez lembrou o seu compromiso de traballar para conseguir que a Feira do Cocido de Lalín acade a declaración de Interese Turístico Internacional. Sumaríase así a un exclusivo grupo do que só forman parte once celebracións en toda a Comunidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre