Inicio Galicia Román Rodríguez aposta polo turismo intelixente e innovador como clave de desenvolvemento...

Román Rodríguez aposta polo turismo intelixente e innovador como clave de desenvolvemento do sector nos próximos anos

0

O conselleiro de Cultura e Turismo clausurou a I Xornada Turismo&Tecnoloxía organizada polo Clúster TIC e o Clúster Turismo de Galicia coa participación de diferentes expertos para analizar a adaptación do sector á realidade dixital


O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, aposta por un turismo intelixente como clave para o desenvolvemento do sector nos próximos anos a través de novas ferramentas tecnolóxicas para potenciar un modelo turístico innovador e sustentable. Así o indicou na clausura do Loop Congress. I Xornada de Turismo e Tecnoloxía organizado polo Cluster TIC e o Cluster Turismo de Galicia no que diferentes expertos analizaron a adaptación do sector á realidade dixital.

O titular de Cultura e Turismo da Xunta subliñou a necesidade de poñer en marcha ferramentas innovadoras que permitan posicionar a nosa Comunidade como destino nun mercado global, mellorar a experiencia dos visitantes ou xestionar de xeito máis eficiente a pegada social, cultural e medioambiental da actividade turística. Neste sentido, destacou a importante presenza dixital coa que conta a nosa Comunidade na actualidade, ao dispoñer dunha completa rede de portais no eido turístico que reciben preto de 2,7 millóns de usuarios cada ano, así como unha crecente presenza nas principais redes sociais.

Con todo, Román Rodríguez instou a seguir avanzando nesta materia para explorar as posibilidades que ofrecen ás novas tecnoloxías á hora de poñer en valor as particularidades de cada territorio, diversificar e especializar a oferta e avanzar nun modelo sustentable mellorando a planificación e ordenación do turismo. Como exemplo, citou iniciativas destacadas neste eido como a ferramenta web para o control de accesos á praia das Catedrais ou o próximo desenvolvemento dunha plataforma online para comercializar experiencias enoturísticas nas cinco Denominacións de Orixe vitivinícolas.

Horizonte Xacobeo 2021Así mesmo, subliñou a importancia de colaborar co sector e cos distintos axentes implicados para avanzar na implantación do turismo intelixente e a súa aplicación práctica no sector, a través da posta en marcha de iniciativas como unha ferramenta de xestión e axuda á toma de decisións no eido hoteleiro ou a mellora da monitorización dos fluxos turísticos para implementar políticas de xestión eficaces, detectar con máis facilidade as preferencias dos visitantes, mellorar a planificación ou realizar accións de promoción ben dirixidas.

En paralelo, Román Rodríguez puxo en valor iniciativas como o propio Loop Congress para seguir avanzando nesta materia, especialmente na antesala dun evento como o Xacobeo 2021, no que se agarda un importante incremento de viaxeiros e no que Galicia “se situará no centro das olladas nacionais e internacionais”.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre