Inicio Galicia Román Rodríguez anuncia en Fitur que o Plan de Mellora e Sinalización...

Román Rodríguez anuncia en Fitur que o Plan de Mellora e Sinalización do Camiño de Inverno será presentado en febreiro

0

O conselleiro de Cultura e Turismo participou na presentación da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno, ruta que xa supera os 1000 peregrinos

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, anunciou hoxe en Fitur que no mes febreiro será presentado o proxecto de sinalización do Camiño de Inverno cun investimento de 3 millóns de euros. Este investimento permitirá mellorar o día desta ruta, coa sinalización e impulso dun total de 175 quilómetros en 13 concellos deste itinerario que está chamado a ocupar un papel cada vez máis destacado, pois entre outros territorios atravesa a Ribeira Sacra, candidata a Patrimonio Mundial.

Tal e como explicou o representante Xunta na presentación da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno, esta actuación completará o traballo de sinalización dos itinerarios xacobeos iniciado no 2015 e que supuxo unha inversión de 12 millóns de euros.

Román Rodríguez abordou outras actuacións neste Camiño, como o Plan de Mantemento que, por primeira vez, asigna un contrato para cada vía. No caso do Camiño de Inverno o investimento é de 1,5 millóns que serven para garantir o mantemento antes, durante e despois da celebración do Xacobeo 2021, beneficiando a veciños e peregrinos.

Os esforzos do Goberno galego para chegar ao Xacobeo 2021 en perfecto estado de revista céntranse nestas melloras dos trazados pero tamén en mellorar os servizos ofertados aos peregrinos. Neste sentido, activouse un Plan de Albergues que posibilitará a reforma do Pazo Episcopal de Diomondi para apertura dun albergue no Saviñao, así como abordar o estudo para a creación doutro albergue en Rodeiro.

Todas estas actuacións supoñen unha achega superior aos 5 millóns de euros, un impulso económico que se complementa con outras propostas como o Plan de Embelecemento grazas ao cal se financiarán más dun cento de actuacións de mellora paisaxística ao longo dos distintos Camiños de Santiago, ou o programa O teu Xacobeo, que impulsa proxectos de dinamización en toda Galicia para fomentar a participación da cidadanía.

Paisaxe e patrimonioRomán Rodríguez sinalou que estas accións compleméntanse co necesario labor de das entidades implicadas co Camiño de Santiago, como a Asociación de Municipios do Camiño de Inverno que xoga un papel protagonista no impulso e difusión deste trazado.

Cómpre lembrar que o Camiño de Inverno é unhas das rutas xacobeas máis novas do Camiño de Santiago, pois foi oficializada en 2016, pero “conta cun gran futuro e unha gran proxección xa que o número de peregrinos está a evolucionar notablemente”, explicou o titular de Cultura e Turismo. Unha afirmación que corroboran os máis de 1000 peregrinos que percorreron este itinerario no pasado 2019.

Trátase dunha ruta moi atractiva na que os camiñantes poden coñecer as riquezas xeográficas de Galicia e que pasa pola Ribeira Sacra, candidata a ser declarada Patrimonio da Humanidade, e polas Médulas, unha espectacular paisaxe na provincia de León incluída xa nesta lista da Unesco. Este trazado, que pasa polas catro provincias galegas, axuda a avanzar no obxectivo da descentralización e expande o espírito xacobeo por toda Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre