Inicio Galicia Román Rodríguez agradece a Asociación de Amigos do Camiño Portugués o seu...

Román Rodríguez agradece a Asociación de Amigos do Camiño Portugués o seu traballo diario a favor da peregrinación

0
image_gallery.jpg


O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, agradeceu hoxe á Asociación de Amigos do Camiño Portugués a insignia de ouro da institución recibida nun acto no Liceo Casino de Pontevedra. O conselleiro expresou a súa gratitude máis emocionada aos membros deste colectivo, cuxo labor a prol da peregrinación xacobea gabou: “Sen aliados como vós o Camiño non houbese acadado nunca a dimensión dos últimos anos”, sinalou.

Neste sentido, Román Rodríguez salientou o papel da Asociación de Amigos do Camiño Portugués, co seu presidente, Tino Lores, ao fronte, por un traballo diario que continúa en momentos de incerteza como o actual. “É importante que sigamos colaborando e tendo presentes os valores propios do Camiño como o diálogo, o entendemento e a cooperación para afrontar o futuro con firmeza e decisión” ás portas dun Ano Santo tan esperado como o que se celebrará ao longo de 2021, afirmou.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre