As actuacións completan a renovación de firme iniciada no pasado verán e que tivo que ser interrompida no inverno por mor das condicións meteorolóxicas adversas
ReinÃcianse os traballos de reforzo de firme da autovÃa do Salnés, que rematarán a finais de xullo, coas medidas de protección necesarias e minimizando afeccións ao tráfico. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, acompañada do director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, mantivo hoxe unha videoconferencia co equipo responsable destas obras para abordar a organización dos traballos que hoxe se retoman. No encontro constatouse, en primeiro lugar, que as actuacións se están a realizar coas necesarias medidas de protección da saúde dos profesionais para evitar contaxios pola Covid-19.
Os traballos reactÃvanse hoxe logo de ter realizado a comezos de mes probas de adherencia, estendido e compactado no ramal de enlace de Meis e verificado que as condicións son favorables para garantir a calidade da actuación.
Cómpre lembrar que esta intervención completará a renovación de firme iniciada no pasado verán e que tivo que ser interrompida no inverno por mor das condicións meteorolóxicas adversas que impedÃan unha boa execución e condicionaban o resultado final da actuación. As obras enmárcanse no acondicionamento do pavimento de toda a autovÃa do Salnés e dos seus ramais que debe realizar a concesionaria, coincidindo coa metade do perÃodo de concesión.
Os traballos que hoxe comezan concluirán a actuación, coa renovación do firme en algo máis de 9 km da calzada esquerda do tronco da autovÃa, a execución de xuntas de dilatación nas estruturas e o pintado definitivo.
Estes traballos súmanse aos realizados o pasado ano, cando xa se completara a capa de rodadura na calzada dereita en sentido Sanxenxo e tamén en boa parte da esquerda sentido Curro, acadando un grado de execución do 65%.
Vázquez Mourelle precisou que as obras están organizadas para evitar incidencias relevantes na circulación durante a súa execución. Non obstante, sinalou que para efectuar o estendido do novo firme será necesario realizar desvÃos de tráfico que estarán debidamente sinalizados.