Inicio Galicia Quince proxectos da comarca da Coruña recibiron máis de 1,3M? do programa...

Quince proxectos da comarca da Coruña recibiron máis de 1,3M? do programa Leader 2018-2019 para crear emprego e dotar de servizos ao rural

0

Ovidio Rodeiro visitou as instalacións de Cefine Neurología un dos beneficiarias destas axudas


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro fixo balance, esta mañá, das axudas da Consellería de Medio Rural, xestionadas polo Agader, para a comarca da Coruña do programa Leader para os anos 2018-2019. O Leader é un conxunto de medidas do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020 que se xestionan a través dos GDR (Grupos de Desenvolvemento Rural) que teñen como obxectivo financiar proxectos para fixar poboación e xerar riqueza no rural. No conxunto de Galicia, os 24 grupos de desenvolvemento rural dispuxeron dun total de 17,5 M€. na convocatoria 2018-2019.

O representante do goberno destacou que neste momento na comarca da Coruña se están apoiando 10 proxectos do ámbito de iniciativa privada e asociativo, así como cinco promovidos desde entidades públicas, concretamente polos concellos Abegondo, Cambre, Carral, Mesía e Paderne. O importe destas axudas na comarca ascende a algo máis de 1,3M€ e están mobilizando un investimento que supera os 2,7M€.

Ovidio Rodeiro informou destes datos durante a visita a Cefine Neurología, vinculado ao sector da fisioterapia neurolóxica, situado en Culleredo que recibiu, con cargo á subvención Leader, 51.000 euros e mobilizou 123.000 eurosO delegado territorial explicou que “estes fondos van destinados a persoas físicas e xurídicas de carácter privado, entidades públicas de ámbito local, asociacións, entidades e comunidades de montes veciñais”. As entidades encargadas de xestionar estas subvencións son os GDR e teñen como obxectivo os proxectos non produtivos dotar de servizos e equipamentos aos concellos que permitan mellorar a calidade de vida no rural e fixar poboación e os produtivos diversificar economicamente e modernizar a produción e animar a creación de emprego no medio rural.

Nova convocatoriaO pasado mes de decembro abriuse a nova convocatoria cun orzamento das axudas superior aos 16,5 millóns de euros en dúas anualidades (6,6 millóns para 2019 e 9,9 para 2020) están cofinanciadas nun 75% polo Feader, nun 2,5% pola Administración xeral do Estado e nun 22,5 % pola Xunta. O crédito está xa previamente distribuído entre os grupos de desenvolvemento rural seleccionados no marco do PDR de Galicia 2014-2020. Aínda que o prazo de presentación de solicitudes é permanente durante todo o período de execución do Leader, concorrerán a esta convocatoria aquelas presentadas ata o 31 de marzo de 2019.

Balance CulleredoO delegado territorial da Coruña aproveitou a visita para destacar o compromiso da Xunta de Galicia con este concello no que investiu case 9,3M€ a través dos distintos programas, axudas e actuacións que se executaron no ano 2018.

O representante do Goberno Autonómico apuntou que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional fixo un importante esforzo, o ano pasado, coa posta en marcha do novo CEIP de Culleredo cun investimento de 3,9 M€. Ademais, se lle engadimos o resto de obras realizadas nos distintos centros educativos da comarca o investimento total desta consellería ascendeu a máis de 4M€Outra das consellerías máis inversoras foi a de Política Social que aportou a este municipio máis de 2,6M€. Concretamente, máis de 1,6M€ para o mantemento de centros dependentes do Consorcio Galego do Servizo de Igualdade e Benestar, 332.000 euros para os 107 beneficiarios da Axuda a Domicilio (SAF), 378.000 euros para o pago da RISGA de 74 usuarios e 179.000 euros para colaborar a través do Plan Concertado na prestacións dos Servizos Sociais do concello.

Tamén se referiu ao importante esforzo da Consellería de Economía, Emprego e Industria que chegou a un investimento total de máis de 612.000 euros en especial para plans de formación, axudas ás pemes e autónomos, para o fomento do emprego e para a dinamización empresarial neste municipio.

Outra das partidas importantes que recibiu este concello foi o Fondo de Cooperación Local que supera os 900.000 euros. Este fondos se transfiren directamente aos gobernos locais para que fagan un uso non finalista e para que sexan xestionados e tramitados por eles mesmos. A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza aportou ademais máis de 18.000 para o apoio ao mantemento do CIM (Centro de Información á Muller) e máis de 70.000 euros para reformas varias no complexo deportivo de Acea de Ama, entre outras inversións.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre