Inicio Galicia Publícase a adxudicación das prazas concertadas en escolas infantís

Publícase a adxudicación das prazas concertadas en escolas infantís

0

Póñense á disposición das familias 492 prazas de 0 a 3 anos que complementan a rede de recursos públicos de atención á infancia


A Consellería de Política Social publica hoxe na súa páxina web a adxudicación das prazas concertadas en escolas infantís para o curso 2019-2020, as cales se rexen polos prezos establecidos pola Administración autonómica. A través deste procedemento, a Xunta pon a disposición das familias 492 prazas para nenas e nenos de 0 a 3 anos, que amplían e complementan a rede de recursos públicos de atención á infancia.

Estas 492 prazas distribúense entre 21 centros. Destes, 1 localízase na cidade da Coruña, 1 en Santiago de Compostela,1 en Ferrol, 4 en Cambre e 1 en Ames. Na provincia de Lugo, 1 en Lugo e outro en Monforte de Lemos. Na cidade de Ourense, 3 en Pontevedra, 2 en Vigo, 2 en Cangas e 1 no Porriño.

Cómpre indicar que as nenas e nenos que teñen concedida a praza deben estar ao día no calendario oficial de vacinación infantil, xa que é un requisito imprescindible para formalizar a matrícula. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre