Inicio Galicia Publicada a orde de aprobación definitiva do primeiro PXOM de Coles, que...

Publicada a orde de aprobación definitiva do primeiro PXOM de Coles, que combina a consolidación do rural co impulso residencial e industrial do concello

0

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que foi asinada a finais de setembro

Santiago, 9 de novembro de 2018.- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde de aprobación definitiva do primeiro Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Coles, un documento que atendendo ás características do municipio, pon especial atención á consolidación da meirande parte dos núcleos rurais do concello ao tempo que reserva zonas para o seu desenvolvemento residencial e industrial nos próximos anos.

Trátase do primeiro planeamento xeral de Coles e polo tanto, supón un importante avance en materia urbanística para este concello ourensán, que ata o momento se rexía por unhas normas subsidiarias de planeamento municipal aprobadas en 1995.

O documento, en cuxa redacción colaborou a Xunta con axudas por importe de 112.099,8 euros e cuxa tramitación prolongouse durante 10 anos, cualifica o 91,91% do termo municipal como solo rústico, nunha clara aposta pola preservación natural do concello. Preto do 6,38% está cualificado como solo de núcleo rural, o 1,63% como urbano e só o 0,08% como solo urbanizable.

Leer más:  Abren una cuenta para apoyar a la familia del empleado fallecido en un accidente laboral en A Mariña

Entre os principais obxectivos do novo PXOM, cun horizonte temporal de 12 anos, figuran a consolidación dos núcleos rurais pero sen esquecer as necesidades de crecemento do municipio nos próximos anos desde o punto de vista da súa capacidade residencial e industrial. Concretamente, desde o punto de vista da industria, o PXOM contempla na zona sur do concello, pegada aos núcleos de Ribela e A Reguenga, unha zona industrial que xerará 300 postos de traballo; e está programado un polígono de máis de 500.000 metros cadrados en Cambeo, limítrofe coa autoestrada de Lugo. 


- Te recomendamos -