Beneficiaranse arredor de 38.500 persoas que son perceptoras de pensións non contributivas, dos Fondos de Asistencia Social ou do subsidio de garantía de ingresos mínimos
A Xunta destinará preto de 8 millóns de euros a abonar unha axuda social extraordinaria ás galegas e galegos que teñen unha pensión contributiva, perciban axuda do Fondo de Asistencia Social ou son perceptores do Subsidio de Garantías de Ingresos Mínimos. O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe publica os requisitos para obter este complemento económico que recibirán de oficio, sen necesidade de facer trámite algún, arredor de 38.500 persoas.
A contía da achega económica ascende a 206 euros por beneficiario. A Administración autonómica fará efectivo este complemento nos primeiros dez días de xaneiro nun único pagamento, para o que as persoas destinatarias non terán que levar a cabo ningún trámite adicional.
Deste modo, o Executivo autonómico mantén un ano máis esta axuda como mostra do seu compromiso de apoiar ás familias e persoas con menos recursos. Unha vontade que se volve plasmar nos orzamentos de 2020, que inclúen unha partida económica que garante a continuidade deste complemento.