Inicio Galicia Profesionais sanitarios implicados na saúde perinatal reúnense na EGAP para coñecer a...

Profesionais sanitarios implicados na saúde perinatal reúnense na EGAP para coñecer a Guía de atención á morte dun fillo durante a xestación, o parto ou as primeiras semanas de vida

0

Os asistentes ás XIII Xornadas de saúde perinatal e reprodutiva poderán coñecer de primeira man o documento, que busca prestar o mellor acompañamento ás familias afectadas e homoxeneizar a atención a estes procesos na rede do Sergas

Profesionais sanitarios, fundamentalmente relacionados cos ámbitos da saúde da muller e perinatal, coñecerán esta tarde a Guía de atención no proceso de morte e dó xestacional e perinatal. O documento ten por obxecto prestar o mellor acompañamento posible ás familias afectadas pola morte dun fillo durante o embarazo, o parto ou as primeiras semanas de vida así como a homoxeneizar a xestión destes procesos nos distintos centros da rede do Sergas. Na súa elaboración participaron médicos de familia, pediatras de atención primaria e hospitalaria, psiquiatras, psicólogos, médicos especialistas en xinecoloxía e obstetricia, pacientes e profesionais que viviron este tipo de situacións, ademais de técnicos do Sergas, matronas e persoal de enfermería. A guía incorpora as recomendacións achegadas polo Consello Galego de Bioética e segue a liña marcada na Estratexia de Humanización da Asistencia Sanitaria da Consellería de Sanidade.

A presentación, a cargo da subdirectora xeral de Atención Primaria, Sinda Blanco Lobeiras, terá lugar no marco das XIII Xornadas de saúde perinatal e reprodutiva que se celebran desde este luns na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) baixo a coordinación do Servizo de Procesos e Programas Asistenciais do Sergas.

Xunto coa presentación da guía, os participantes nas xornadas actualizarán os seus coñecementos sobre a actuación dos profesionais da saúde ante a sospeita dun caso de violencia de xénero durante o embarazo ou puerperio, a xestión da consulta preconcepcional, a abordaxe integral da endometriose, o manexo dos trastornos afectivos e emocionais na muller durante a xestación e posparto ou a reanimación cardiopulmonar de emerxencia en neonatos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre