Inicio Galicia Profesionais de turismo e cultura de Portugal coñecen na Costa da Morte...

Profesionais de turismo e cultura de Portugal coñecen na Costa da Morte a xestión da Xunta na Rede Pública de albergues

0

Enmárcase nas primeiras accións do proxecto europeo Fazendo Camiño no que a Xunta asesorará a Portugal na xestión e promoción do Camiño de Santiago


Un grupo de profesionais de turismo e cultura do Norte de Portugal coñeceron hoxe na Costa da Morte a xestión da Xunta de Galicia na acollida aos peregrinos a través de visitas a varios albergues da Rede Pública do Xacobeo. A visita enmárcase nas primeiras accións do proxecto europeo Fazendo Camiño que arrancou onte en Santiago de Compostela e no que nos vindeiros anos a Xunta asesorará a Portugal na xestión e promoción do Camiño de Santiago.

A Xunta conta como socios con Turismo Porto-Norte de Portugal, a Direçao Regional de Cultura do Norte e á Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal. Santiago de Compostela acolleu onte as primeiras reunións técnicas que se desenvolven en Galicia para dar a coñecer o modelo de xestión en Galicia así como os traballos de cara ao vindeiro Ano Santo. Hoxe foi a quenda das visitas de campo para coñecer a rede pública de albergues, amosando o traballo levado a cabo na acollida de peregrinos tomando como exemplo o Camiño de Fisterra e Muxía no caso concreto do albergue de Olveiroa e de O Conco, en Dumbría.

Fazendo Camiño foi aprobado no marco da segunda convocatoria do Programa Interreg V (POCTEP) desenvolverase ata o ano 2021, cunha serie de actividades que buscan mellorar a xestión conxunta e a afluencia turística do Camiño de Santiago, así como incrementar a implicación local na conservación e protección da Ruta Xacobea.

Entre as distintas actividades programadas incluirase a creación en Portugal do Consejo Luso-Galaico do Camiño de Santiago no que estarán representados todos os beneficiarios que buscará lograr o recoñecemento institucional que precisan as rutas xacobeas en Portugal para o seu desenvolvemento ordeado e sustentable.

Estudos do Camiño en Portugal e GaliciaEn virtude deste programa tamén se prevé a realización de estudos e análises estatísticos que permitan coñecer as particularidades do Camiño de Santiago en territorio luso e galego que sirvan como base dunha estratexia transfronteiriza conxunta atendendo a todas as compoñentes da ruta xacobea, tanto territorial como turística, económica e patrimonial.

Este proxecto encaixa nos obxectivos plasmados no Plan Estratéxico Xacobeo 2021 no que a Xunta de Galicia traballa coa vista posta no Ano Santo para protexer e divulgar todas as rutas de peregrinación e afondar na colaboración e coordinación entre distintos países. Ademais, o Camiño Portugués e a súa variante costeira son dous dos itinerarios que máis están a medrar nos últimos anos. Son o segundo e o terceiro máis percorridos e no, que vai de ano suman máis de 94.000 peregrinos, un 27% do total dos peregrinos que recolleron a Compostela.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre