O DOG publica hoxe as listas provisionais de admitidos e excluÃdos de forma anticipada e separada para responder ás necesidades derivadas da covid-19.
Preto de 600 profesionais sanitarios incorpóranse ás listas de contratación temporal de persoal laboral da Xunta. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as listas provisionais de admitidos e excluÃdos, que se fai de forma anticipada e separada, para ter asà unha maior dispoñibilidade de profesionais para facer fronte ás necesidades derivadas da covid-19.
En total, foron 586 as solicitudes de incorporación a estas listas: 23 nas categorÃas de titulado superior médico e outras (grupo I, categorÃa 2); 63 para ATS e outras (grupo II, categorÃa 2); e 500 solicitudes para auxiliar de clÃnica e outras (grupo IV, categorÃa 3).
Consulta das listaxesAs listas provisionais poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, no Servizo de Atención e Información á CidadanÃa, a través do teléfono 012; e nas oficinas de rexistro e atención á cidadanÃa da Xunta de Galicia. Os solicitantes disporán dun prazo de dez dÃas hábiles desde hoxe, data da publicación das listas no DOG, para presentar reclamacións.
O nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios/as e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia está regulado no Decreto 37/2006, do 2 de marzo.
Estas listas son utilizadas pola Xunta para cubrir vacantes, facer substitucións e reforzar os servizos públicos. As persoas contratadas prestarán servizos en residencias de maiores, centros de atención a menores ou persoas con discapacidade, centros para persoas con dependencia ou escolas infantÃs.